Notas de prensa

Homenaxe a varios deportistas galegos polos seus éxitos

A conselleira de Cultura e Deporte participou no acto ao que tamén acudiron os presidentes das Federacións Galegas de Piragüismo, Hípica e Taekwondo.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, ofreceron unha recepción oficial a varios deportistas galegos que acadaron recentemente éxitos deportivos a nivel europeo e mundial en distintas categorías e modalidades deportivas.

Durante o acto, Ánxela Bugallo se mostrou “orgullosa” dos éxitos que está conseguindo o Deporte Galego nos últimos anos porque, segundo explicou, “iso demostra que se está traballando no bo camiño e que o futuro está garantido”.

Asemade, a conselleira de Cultura e Deporte recordou que este tipo de actos son necesarios para que a sociedade galega recoñeza os “éxitos” e “esforzos” deportivos dos deportistas máis xóvenes.

Na mesma liña que a conselleira se expresou a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, quen alabou o bo momento que atravesa o deporte do noso país e aproveitou a ocasión para recoñecer aos pais e ás nais o seu “traballo” e “sacrificio” diario por manter a ilusión dos rapaces e rapazas polo deporte.

Ademais das máximas responsábeis do Deporte Galego tamén interviron o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Modesto Teijeiro, o presidente da Federación de Hípica, Carlos Luís Domínguez, e a presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos.

Durante a súa intervención, os tres coincidiron en destacar o “importante” traballo que está facendo a Dirección Xeral para o Deporte na axuda ao Deporte Galego, sobre todo no recoñecemento aos deportistas do noso país.

Tralos discursos, Ánxela Bugallo e Marta Souto entregaron aos deportistas un agasallo de recordo e posteriormente realizouse a habitual foto de familia. Entre os asistentes estaban os padexeiros Paulino Otero, Rodrigo Germade, José Luís Bouza, David Maquieira, Jacobo Rodríguez, Joan Ardit, Roberto Rodríguez, Roberto Abal e Víctor Rodríguez; o xinete Manuel Añón; os nadadores Iván Brión e Rufino Regueira; a taekwondista Estefanía Hernández. Non puideron asistir por diferentes compromisos o taekwondista Bruno García, o ciclista Toni Ferreiro e o padexeiro Diego Piña.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2008-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES