
O máximo mandatario autonómico, Emilio Pérez Touriño, recibiu de mans da presidenta da Fundación Camilo José Cela, a pluma estilográfica coa que o escritor padronés escribiu a súa última novela, Madera de Boj, ambientada na Galicia mariñeira. O presidente da Xunta reuniuse con Marina Castaño, quen lle fixo entrega da estilográfica personalizada coas iniciais de Camilo José Cela.
Segundo explicou Marina Castaño, a Fundación Camilo José Cela considerou oportuno que a estilográfica estea en mans do presidente de todos os galegos, e non exposta nunha vitrina. Esta decisión, segundo remarcou a presidenta da Fundación, está en plena sintonÃa co disposto polo propio premio nobel, quen decidiu facer a doazón do seu legado cultural a Galicia, deixando disposto que os bens que o integraban podÃan ser cedidos a tÃtulo gratuÃto cando isto facilitase o cumprimento dos fins fundacionais.
O presidente da Xunta manifestou o seu agradecemento á Fundación Camilo José Cela e a súa satisfacción por poder asinar documentos oficiais coa estilográfica do Nobel galego.
Marina Castaño, pola súa parte, amosou a súa ledicia porque a Presidencia da Xunta aceptase a doazón da estilográfica, un feito que, segundo indicou, axudará significativamente ao coñecemento da Fundación Camilo José Cela e á divulgación da figura do escritor padronés.
A pluma entregada hoxe ó presidente da Xunta é unha Montblanc Meisterstück personalizada coas iniciais de Camilo José Cela.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.