
Tra-la publicación no DOG do contrato homologado para o leite sen prezo base
mínimo, as gandeiras e gandeiros veranse abocados/as a negociar o importe recebido polo seu produto de xeito individual coa empresa encargada da recollida.
Este feito supón un perigosísimo retroceso nas conquistas sociais, así coma unha
grande irresponsabilidade por parte dos gobernos, xa que están a promover a desaparición da negociación colectiva.
Este proceso de negociación individual, supón ademais un incisivo ataque á unidade
do sector, abandeirando unha inxusta desigualdade no pago, que se baseará en criterios
especulativos das empresas.
Nunha negociación individual sempre gaña @ máis forte. Na negociación do prezo a
pagar polo litro de leite, grazas ao contrato sen prezo mínimo, a empresa tería a primeira e a última palabra.
Que pasará cando un produtor ou produtora se negue a firmar contratos aos
baixos prezos ofertados polas empresas, xa anunciados neste momento en todas as
explotacións do País? Simplemente procurarán algunha persoa que non se poida permitir
rexeitalo, creando unha dinámica de aceptación de pagos ínfimos que garanta á industria a consecución dunha maior marxe de beneficios e a consolidación da práctica ilegal do
dumping ( vender un produto por baixo do prezo que custa producilo).
O Sindicato Labrego Galego abre con forza unha nova campaña de loita na procura da
seguridade dun prezo mínimo para o leite, o que noutros sectores se podería entender coma a consecución dun soldo base, reivindicación que na práctica totalidade das profesións se dá por máis que asentada.
O obxectivo final é conseguir abrir unha negociación co Goberno galego e
estatal para acadar a fixación deste prezo base mínimo: 0, 42 (o custe de produción
actual máis a remuneración do traballo realizado pela gandeira ou gandeiro).
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.