Notas de prensa

Christina Oiticica enterra parte da súa obra no claustro de Xeografía e Historia

A artista brasileira, muller do escritor Paulo Coelho, promove esta acción no marco da exposición Camiño Peregrino que se poderá visitar en maio del año 2009 en Santiago.

A Vicerreitoría de Cultura da USC está a traballar xunto coa Fundación Via Galego na produción dunha mostra da artista brasileira Christina Oiticica, muller do escritor Paulo Coelho, que se poderá visitar en maio de 2009 na Igrexa da Universidade baixo o título Camiño Peregrino.

Christina Oiticia (Rio de Janeiro en 1951) é pioneira en aplicar
unha particular técnica nas súas obras, combinando land art e pintura. Cree na pegada visible e invisible que deixa a natureza nas obras, á que considera coautora dos seus cadros.

Como parte do proceso previo da exposición de 2009, a artista fai un enterramento de parte da súa obra no claustro da Facultade de Xeografía e Historia, onde permanecerá aproximadamente durante seis meses.

O acto estará presidido polo vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e contará coa asistencia da propia autora, Christina Oiticica; da decana da Facultade de Xeografía e Historia, Mar Llinares; do director de actividades da Fundación Via Galego, Ângelo Gonçalves Vicente; e do representante de Christina Oiticica e Paulo Coelho en España, Acácio da Paz.

Christina Oiticia

Formada na Escola de Belas Artes e no Museo de Arte Moderna de Río de Janeiro, Oiticica completou a súa formación na Facultade de Arquitectura Bennett da mesma cidade e no Círculo de Belas Artes de Madrid. A autora comezou a expoñer tanto de xeito individual como colectivo en 1984.

Gabinete de Comunicación da USC, 2008-06-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES