Notas de prensa

15 colexios de Lugo participan no programa ContoQontigo

O vicepresidente da Deputación Provincial visitou a nenos e nenas de Becerreá que participan nesta actividade de animación á lectura.

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, realizou unha visita ao colexo de Becerreá. Nesta visita, Antón Bao percorreu as instalacións do centro escolar e mantivo unha pequena xuntanza coa dirección e persoal do centro. Bao estivo nunha das aulas nas que pequenos e pequenas do colexo estaban participar nunha sesión de xogos de ocio.

O motivo principal desta visita, do vicepresidente da Deputación, foi a de compartir co alumnado do centro unha das actividades promovidas pola Ãrea de Cultura da Deputación. Esta actividade leva por nome CONTOQONTIGO e ten como finalidade a de achegar a lectura ao rural lucense, CONTOQONTIGO é unha campaña na que se traballa o conto como unha achega á interculturalidade e á creación artística para desenvolver o espírito crítico n@s nen@s e ofrecer os medios para aprender novas formas de mirar. Segundo sinalou Anton Bao “con esta, e outras actividades que poremos en marcha no futuro, pretendemos que calquera neno ou nena que viva en calquera concello de Lugo, por pequeno que sexa, poida disfrutar das mesmas actividades das que disfrutan os nenos e nenas que viven nas vilas e cidades”. Antón Bao referiuse con estas verbas ás iniciativas que a Ãrea de Cultura da Deputación está a poñer en marcha destinadas aos centros de ensino daqueles concellos de Lugo cun menor número de habitantes.

A actividade CONTOQONTIGO, realizada por OQO Editora, máis de 600 nen@s de 15 Concellos participan nunha experiencia moi especial: unha viaxe polo continente africano da man do álbum CHOCOLATA. Nesta historia, creada pola autora sarriana Marisa Núñez (galardoada co Premio Internacional ESPACE ENFANTS 2007), unha hipopótama decide saír da súa lagoa e vivir novas experiencias na cidade, nunha viaxe na que aprenderá a valorar o seu entorno.

CONTOQONTIGO desenvolvese nunha carpa iglú que se insta nos centros escolares. Alí, Raquel Méndez e Eva Vila desenvolven unha innovadora actividade na que os nenos participan dunha maneira interactiva na historia: proban o doce máxico que lles fai entrar no conto, xogan coas imaxes a reinventar a historia, e póñenlle a banda sonora á narración. Esta experiencia creativa permitelles aos formadores traballar coa lectura dunha maneira lúdica.

As sesións teñen unha duración de 50 minutos e están destinadas a nen@s de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria cun máximo 15 rapaces por sesión. Ãrea de Cultura da Deputación está a dotar a todos os centros participantes cun lote de libros co obxectivo de traballar o álbum ilustrado antes e despois do desenvolvemento da campaña.

Gabinete de Prensa da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, 2008-06-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES