A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada polo director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López RodrÃguez, o presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, e representantes da Asociación de Redeiras de Lorbé, inaugurou a nova nave de redes na que poderán traballar estas profesionais. Trátase dunhas instalacións que contan con algo máis de 123 metros cadrados de superficie útil e nas que a ConsellerÃa de Pesca investiu un total de 82.212,19 euros.
A nova nave de redes nace dunha necesidade das redeiras desta localidade para poder desenvolver o seu traballo nunhas condicións idóneas. AsÃ, as instalacións correspóndense coa ampliación dun edificio de departamentos xa existente no porto pesqueiro, na que se quixo manter a estética, acabados e solucións construtivas propias do edificio orixinal.
A infraestrutura consta dun taller de redes que ten unha superficie útil total de 98,65 metros cadrados; un almacén de 6,98; o espazo para oficinas de 10,63 metros cadrados e a zona de aseos que conta con 7,11. A nave de redes dotouse dunha importante confortabilidade grazas a unha iluminación axeitada e ao illamento térmico en paredes, teito e solo.
Por outra parte, nas obras de ampliación do edificio no que se sitúa a nova nave de redes tamén se acometeron melloras doutro tipo, relacionadas directamente co labor pesqueiro, por un importe de 143.666 euros aproximadamente. Deste xeito, a ConsellerÃa de Pesca instalou un punto de descarga, unha cámara frigorÃfica de conxelación e unha sala para limpeza de caixas para uso do sector pesqueiro da zona e que comezarán a funcionar en breve.
Tres millóns de euros en infraestruturas
A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos aproveitou a súa estancia en Lorbé para reiterar o apoio do seu departamento á dignificación da profesión de redeira e para loitar contra o intrusismo.
De feito, Carmen Gallego fixo fincapé en que as instalacións que se inauguran forman parte dunha serie de actuacións da ConsellerÃa de Pesca para dotar ás redeiras das infraestruturas necesarias para desenvolver o seu traballo a cuberto das inclemencias do tempo e en condicións idóneas de seguridade e hixiene. AsÃ, tras as obras en Porto do Son e Lorbé, as profesionais de Ares, A Guarda, Burela, Baiona e Foz contarán tamén con instalacións semellantes. Para facer posible estas obras, Pesca investirá máis de tres millóns de euros.
A Conselleira de Pesca na súa intervención destacou que a aposta da Administración pesqueira galega pola profesionalización do colectivo é moito máis ampla porque, paralelamente á mellora das condicións de traballo, se está apoiando a consolidación da estrutura organizativa das redeiras galegas e desenvolvendo programas formativos especializados. Ademais, sinalou, “traballouse coa Federación Galega de Redeiras para a súa integración no proxecto "Nexus Rede" e fomentar a formación e o asociacionismo no sector”.
No eido das actividades formativas, Carmen Gallego lembrou que o seu departamento imparte cursos de formación de 200 horas de duración para estas profesionais, contando co asesoramento da Federación Galega de Redeiras para cubrir as necesidades formativas en cada porto. De feito, entre este ano e o pasado desenvolvéronse un total de seis cursos, tres en MarÃn no Centro de Formación “A Aixola”, dous en Cedeira e un en Cabana de Bergantiños. Ademais, dende o departamento de Pesca aténdense todas as necesidades formativas no ámbito da formación de redeiras e atadeiras.
A responsable de Pesca destacou que o empeño do seu departamento no ámbito da formación continúa coa posta en marcha dunha cualificación profesional recoñecida para as redeiras. AsÃ, o Instituto Politécnico MarÃtimo-Pesqueiro de Vigo, un centro dependente da ConsellerÃa de Pesca, xa está a elaborar un Certificado de Profesionalidade de Redeiras, contando con tres redeiras no equipo de expertos que está a definir o programa.
Carmen Gallego sinalou que a elaboración, aprobación e desenvolvemento deste certificado é fundamental para que os cursos impartidos conten co recoñecemento e validación precisa das diferentes administracións educativas do Estado.
Finalmente, e en relación á loita contra o intrusismo, a Conselleira manifestou que o Goberno galego está a adoptar medidas nesta liña. De feito, a inspección de Traballo incluÃu esta actividade nos obxectivos do seu programa operativo deste ano e, asà mesmo, a ConsellerÃa de Traballo está a pór en marcha unha colaboración coa Axencia Tributaria para perseguir a fraude fiscal no sector.
Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañÃas Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxÃas e incorporará sistemas hÃbridos de almacenamento con baterÃas e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.