O Concello de Ferrol acolle o 7 de xuño unha velada homenaxe ao púxil ferrolán, finado hai agora un ano, José González Dopico. O edil de Deportes, Manuel Santiago, presentaba esta mañá o evento acompañado do seu fillo, José González; do debuxante e amigo persoal, Siro López, e do director técnico da actividade, Francisco Porto. Asemade, e coincidindo co acto en memoria a este deportista, disputarase o Campionato de España deste deporte na modalidade de peso Super Welter. Será no pavillón da Malata, a partir das 22.30 horas e está organizado polo Padroado de Deportes do Concello de Ferrol e o Clube Boxin Narón, coa colaboración de varias firmas e entidades da comarca.
Asà as cousas, o edil definÃa o evento como “un acto entrañable e unha merecida homenaxe” a un deportista excepcional e lamentábase por non terllo feito en vida. Asemade, anunciou que o Concello se sumará ás peticións que reclaman que a Federación Española de Boxeo lle recoñeza o seu palmarés como campión de España. E, ao fÃo desto, o seu fillo afirmaba que “de seguro” lle farÃa moita ilusión que o seu pobo recoñecera os méritos acadados como deportista, “unha espiña” que tivo clavada ata o seu falecemento.
Superdotado, calado e incómodo. Estes foron os tres adxectivos que empregou Siro López para definir ao seu grande amigo, do que tamén dixo que tiña a mellor esquerda de toda Europa. “Un home chamado a ter un futuro esplendoroso que a desgracia llo impideu”, engadiu para relatar a continuación que Dopico foi o primeiro boxeador galego en disputar un Campionato de Europa, concretamente o 5 de novembro de 1973, contratado por Alain Delon. Un accidente no que mancou a súa man dereita e a súa expulsión do equipo que asistiu ás Olimpiadas de Tokio por escaparse do lugar de concentración ensombreceron unha carreira brillante. Asimesmo, Siro López tamén destacarÃa a falta de oportunidades que tivo o púxil ferrolán para ascender no ránking europeo e mesmo mundial. José González Dopico retirarÃase no ano 1975 para comezar a súa andaina como funcionario público do Concello ferrolán.
Pola súa banda, Francisco Porto adiantou que a velada homenaxe a Juan González “Dopico” acollerá a disputa do Campionato de España do peso Super Welter que enfrontará a Iván Sánchez “Dinky” e Juan MartÃnez Bass “el Payo”. Asà mesmo, haberá oportunidade de presenciar outros catro combates de boxeo profesional. Sobre o ring estarán o ex campión do mundo Diosbely Hurtado e os púxiles Tomás Ãlvarez, Iago DÃaz, Llamazares, Jesús Ferreiro “Cachorro”, BenjamÃn Robles e Juan Zapata. Dous combates neoprofesionais e un de afeccionados completan o cartel.
Respecto ás entradas, o director técnico do evento avanzou que xa se encontran á venda ao prezo de 15 euros as cadeiras e 10 na bancada. O seu custo se incrementará en tres euros para quen as retire o mesmo dÃa do combate. Os puntos de venda: Spot Surf Shop Ferrol; Leder; Café Bar a Zarra, en Caranza; Café Bar Grandal, en Freixeiro; Xinmasio Sport Five de A Gándara, e Ximnasio BeniGym de O Ponto.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.