
A Deputada Nacionalista, Vicepresidenta 3ª e Delegada da Área de Turismo, Mª Xosé Vega Bujan presentou na Real Abadía de Samos, para toda A Montaña lucense, o Plano Director de Turismo da Deputación de Lugo para o período 2008-2011.
O Plano Director é o documento oficial da Deputación de Lugo en materia de Turismo no que se reflicten os fins e as súas intencións para o período 2008 2011 en tres grandes apartados : representación dos Concellos, oferta de servizos de calidade e mediación no concepción da estratexia Turística.
Este instrumento de traballo converte á Deputación nun elemento dinamizador e coordinador da provincia lucense, partindo do obxectivo xeral de impulsar as potencialidades turísticas e atractivos dos concellos lucenses a través da. Segundo a vicepresidenta terceira este plano director mellora de carencias de xestión existentes do compromiso coa calidade.
Este acto dirixiuse non só ás medidas na provincia lucense senón á realidade dos concellos da Montaña e a área da súa influencia, destacando o turismo como complemento económico da zona e o camiño francés como vertebrador do seu atractivo.
A esta presentación estiveron convidados todos os sectores que desenvolven a sua actividade socioeconómica e cultural no eido do Turismo : Concellos, Sector Empresarial e Hosteleiro, Institucións, Oficinas de Turismo, etc, etc.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.