
O museo do mar de San Cibrao acolle ata o 18 de xuño unha exposición con obras de Picasso, Miró e Clavé. Esta exposición foi inaugurada polo responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga Outeiro.
Esta exposición amosa a obra de tres grandes mestres de recoñecido prestixio a nivel mundial, Pablo Picasso, Antoni Clavé e Joan Miró. Máis de unha ducia de obras compoñen esta exposición que é un verdadeiro luxo que terán a oportunidade de visitar todos aqueles que se acheguen ao Museo do Mar de San Cibrao.
No acto de inauguración o responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga Outeiro remarcou o empeño da área de Cultura por descentralizar a actividade da Rede Museística e achegar a arte aos veciños e veciñas das distintas comarcas de Lugo. Veiga salientou a calidade desta mostra Neste caso achegámonos a artistasdunha alta calidade que xa teñen un oco e un nome propio indiscutible no panorama artístico mundial. Picasso, Clavé e Miró son unha boa mostra do mundo artístico catalán, uns por nacemento e outro por adopción, o que mostra a riqueza cultural dun país como é o catalán.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.