
O domingo 18 de maio, ás 12,30 horas, foi inaugurada a Semana do Libro e lectura, que organiza ao longo dos vindeiros dÃas a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da ConsellerÃa de Cultura e Deporte coa colaboración da ConcellerÃa de Cultura do Concello de Tui.
No acto inaugural interviron a Delegada Provincial da ConsellerÃa de Cultura e Deporte, MarÃa Xesús López Escudeiro, e o Alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha. Nas súas breves intervencións ambos resaltaron as actividades desta semana como una aposta pola promoción da lectura entre os tudenses. López Escudeiro explicou o desenvolvemento da Semana e como Tui é unha das 10 cidades de Galicia onde esta actividade lévase adiante. Fernández Rocha, pola súa banda, agradeceu á ConsellerÃa esta elección de Tui que consolida o traballo que o Concello leva adiante dende a Biblioteca Municipal. De seguido o grupo “Migallas” presentou o seu espectáculo “Canta conosco!”.
Dende o luns 19 ao venres 23 de maio serán máis de 1.300 escolares dos centros de ensino do concello de Tui os que participarán nas actividades da Semana do libro e a lectura, que abrangue obradoiros de plástica, de monicreques, de ilustración, de contos e cantigas, de expresión escrita, teatro, etc, a cargo de recoñecidos profesionais como Mercedes Prieto, Marisa Irimia, Servando Barreiro, Antón Castro, Carolina Ramos, Tokio, etc.
De luns a venres ás 18,30 horas haberá una sesión de actividades abertas ao público a cargo de Manolo Vázquez, de Berrobambán Teatro, o luns 19; de Marisa Irimia, o martes 20; Servando Barreiro, o mércores 21; Charo Pita o xoves 22 e Chus FerrÃn o venres 23 de maio.
Ao longo da semana desenvolvérase un curso de formación para o profesorado entre as 18,00 e as 20,00 h. na que participaran os profesionais que realizan os obradoiros para os cativos.
Tamén mañá martes 20 de maio, ás 18,30 horas realizarase unha actividade para as familias, denominada “Animación á lectura dende a casa” dirixida a pais e nais sobre dinámicas de animación á lectura a desenvolver no fogar, sobre a importancia de contarlles contos e lerlles aos nenos desde as idades máis temperás como forma de estimular a imaxinación asà como proporcionarase información sobre as lecturas máis recomendadas segundo as idades.
Todas estas actividades terán lugar na Biblioteca Municipal de Tui, no edificio Ãrea Panorámica.
Amais haberá diversas exposicións de libros, ilustradores e materiais elaborados polos alumnos dos centros educativos do concello tudense.
Finalmente a clausura terá lugar o sábado 24 de maio cunha nova actuación no Teatro Municipal ás 12,30 horas, desta volta coa actuación de TÃteres Cascanoces que porá en escena a obra “A rúa das pantasmas”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.