A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) integrou unha nova organización: a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro (CEGASAL). O acto de incorporación estivo protagonizado polo presidente da CEG, Antonio Fontenla, e de CEGASAL, José Antonio Vázquez, e contou coa presenza do conselleiro de Traballo, Ricardo Varela.
Na súa intervención previa á sinatura do acordo entre ambas as dúas organizacións empresariais, o titular da CEG sinalou que "a integración de CEGASAL vén fortalecer a vocación de representatividade da Confederación galega". Pola súa banda, José Antonio Vázquez comentou que as empresas que desempeñan a súa actividade no ámbito da economÃa social ocupan un lugar natural dentro da economÃa de mercado, e "supoñen un complemento ao resto das empresas", engadÃa. A clausura do acto correu a cargo de Ricardo Varela, quen avalou coa súa asistencia a integración desta nova organización na CEG e subliñou a colaboración que a súa consellerÃa lle vén amosando ao colectivo de traballadores discapacitados.
Con esta nova incorporación, a Organización empresarial galega avanza de forma decisiva no seu obxectivo de fortalecer a representatividade dos intereses empresariais da Comunidade Autónoma. A integración no seo da Organización, serve ademais para aglutinar un sector empresarial con implantación en Galicia, que permanecÃa ata agora alleo ás organizacións de ámbito territorial:
• CEGASAL, fundada no ano 1997, é unha organización empresarial que aglutina os centros especiais de emprego de economÃa social sen ánimo de lucro e as empresas de inserción laboral galegas. Na actualidade representa o 80% dos 1.300 traballadores de centros especiais de emprego de Galicia.
A CEG é unha organización privada e independente, constituÃda en 1981, cuxo principal obxectivo fundacional é o fomento do sistema de iniciativa privada e a economÃa de mercado na Comunidade Autónoma galega.
A través das federacións e asociacións integradas, a Organización agrupa na actualidade en torno a 100.000 empresas galegas, na súa maior porcentaxe con dimensións que responden a "pemes".
Como entidade ao servizo da comunidade empresarial, a Organización centra a súa actividade na representación e defensa dos intereses xerais do empresariado ante as institucións, organismos públicos e axentes sociais.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.