
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avanzou que o Goberno galego vai colaborar coa Fundación Laxeiro con motivo do centenario do artista. Sinalou o respaldo da Xunta á publicación dun catálogo universal que recolla a obra de Laxeiro, e do que se editarán 10.000 exemplares. O máximo mandatario galego realizou este anuncio esta mañá na cidade olÃvica, despois de reunirse co presidente e cos membros da Fundación Laxeiro e de realizar unha visita á sede desa fundación e percorrer as súas instalacións.
Pérez Touriño eloxiou a figura e a obra pictórica de Laxeiro e sinalou que o seu legado converte a este artista nun dos máis representativos da arte galega do século XX. O presidente anunciou a súa vontade de, na viaxe institucional do próximo mes de maio, levar a Arxentina unha escolma de cadros deste pintor, que durante unha etapa da súa vida viviu na capital arxentina, que serán expostos no marco dunha mostra colectiva. O presidente galego tamén puxo en valor a Ãntima ligazón do artista con Vigo e felicitou á cidade olÃvica por poder contar “con unha fundación como esta”, que recolle todo o legado do artista.
O xefe do Goberno autonómico realizou un percorrido polas instalacións da Fundación Laxeiro, que conta con un fondo permanente de 64 obras doadas polo artista á cidade de Vigo, organizadas de xeito cronolóxico e entre as que figuran lenzos como Carnavalada, Carrotón de nenos, Trasmundo ou Autorretrato. Ademais, Pérez Touriño puido ver a exposición Debuxos Inéditos VI: AnatomÃas , composta por 22 pezas datadas entre os anos 1931 e 1980 que ofrecen unha visión da faceta dibuxÃstica de Laxeiro.
Xantar con representantes do mundo da cultura
Despois da visita á Fundación Laxeiro e da xuntanza mantida co presidente e cos membros desta entidade, o máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño, mantivo un xantar de traballo con representantes do mundo da cultura que desenvolven o seu labor en Vigo, e entre os que houbo compositores e directores de orquestra, profesores universitarios, promotores musicais, escritores, artistas plásticos, arquitectos, ensaÃstas, editores, dramaturgos e xornalistas.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.