
O Teatro Municipal de Tui acolle o venres 4 de abril, ás 20h, un espectáculo de danza-textual, Menu Vexetal, a cargo da compañÃa viguesa Disque Danza. A obra Menu Vexetal, escrita por Paula Carballeira, está dirixida por Carmela Bueno e Alfredo RodrÃguez. Sobre o escenario estarán catro bailarinas: Carmela Bueno, Olivia Maté, Leticia Alfaya e Olga Cameselle e unha actriz Nuria Guillón para, ao longo de 55 minutos, entreter ao público cun espectáculo no que convidan a mesturar sabores imposibles.
Parten do cor verde para demostrar que está cheo de maxia e misterio, incluso cando se trata de comida, e levan aos nenos e maiores a un percorrido por un mundo no que todo é posible. O vestiario foi feito por La Canalla e a escenografÃa corresponde a Javier Bello e Roberto Collantes.
As entradas poranse á venda o venres ás 16.30h ao prezo de 3,5€, 2,5€ con desconto e 2€ os menores de 12 anos. A obra está recomendada a partir dos cinco anos.
Disque Danza con “Menu Vexetal”
Data: Venres 4 de abril ás 20h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Prezos: 3,5€ - 2,5€ con desconto – 2€ os menores de 12 anos
Recomendada: A partir de 5 anos
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.