“Unha lei que ten un obxectivo preciso, recoñecer xuridicamente a paisaxe e promover as polÃticas necesarias para garantir a súa conservación, a súa protección, a súa xestión e a súa ordenación”. Asà resumiu o presidente galego, Emilio Pérez Touriño, o contido da nova Lei de protección da paisaxe, aprobada polo Consello da Xunta, e que ten tan só dous antecedentes en España, as leis aprobadas en Cataluña e en Valencia.
Pérez Touriño asegurou que esta norma é un “gran instrumento legal” que debe servir de marco de referencia para todas as normas “Un marco transversal para que todo tipo de plans e actuacións da Xunta de Galicia necesariamente se encarrilen e teñan en conta este obxectivo marcado pola lei”, resumiu.
O presidente galego destacou que a lei se dota cunha serie de instrumentos como os Catálogos de Paisaxe de Galicia, os documentos de referencia para as grandes áreas paisaxÃsticas da Comunidade, e as Directrices da Paisaxe, que deben precisar as caracterÃsticas de cada paisaxe e as medidas especÃficas para a súa conservación. “E en terceiro lugar, pero non por iso menos importante, a lei obriga a que todo proxecto que teña que someterse ao trámite de declaración de impacto ambiental inclúa un estudo de impacto paisaxÃstico e de integración paisaxÃstica. É un novo aspecto, un novo valor, incorporado ás tramitacións”, asegurou Touriño, quen salientou, por último, a creación do Observatorio da Paisaxe, “un instrumento de asesoramento e participación na aplicación da Lei en toda a Comunidade”.
O titular do Goberno galego explicou que a nova lei ten os seus principios inspiradores no Convenio Europeo da Paisaxe aprobado en Florencia no ano 2000 á proposta do Consello de Europa e no que se entende a paisaxe como un elemento fundamental para o benestar social e persoal e no que se especifica que a súa protección e tratamento debe ser obxecto dunha regulación especÃfica polos estados que se adhiren ao convenio, entre os que estivo España.
Un 29 por cento máis á cooperación para o desenvolvemento
O presidente da Xunta salientou, tamén, a aprobación por parte do Consello da Xunta do Plan Anual de Cooperación Galega para o Desenvolvemento correspondente ao ano 2008, que conta cunha achega de máis de 12 millóns de euros, un 29 por cento máis que no plan aprobado en 2007.
Touriño explicou que este plan plasma as prioridades xeográficas en materia de desenvolvemento e que está orientado ás rexións más desfavorecidas de Ãfrica, América do Sur, Central e Caribe, “con paÃses preferentes pola relación que temos co mundo da inmigración”. “É unha aposta polo desenvolvemento coa colaboración necesaria das organizacións non gobernamentais”, explicou o presidente galego, quen adiantou que o próximo mes de outubro Galicia promoverá a celebración dun foro internacional para “poñer en común e compartir cómo estamos en materia de cooperación na primeira lexislatura deste Goberno, tomar nota de defectos e mellorar o traballo”.
O Consello da Xunta deu verde ao anteproxecto da Lei de Protección da Paisaxe de Galicia, elaborada pola ConsellerÃa de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. A nova normativa ten como obxectivo recoñecer xuridicamente a paisaxe e promover polÃticas para a súa conservación, protección, xestión e ordenación, servindo como marco de referencia para todas as lexislacións, plans e programas que poden influÃr dalgún xeito na modificación, alteración ou transformación das paisaxes, e en especial cando afecten a espazos de alto valor natural e cultural.
Antes da súa aprobación no Consello, o anteproxecto foi presentado e sometido á consideración de diferentes órganos de participación pública, entre eles o Consello Galego de Medio Ambiente, a Federación Galega de Municipios e Provincias a Comisión Galega de Cooperación Local. Destes procesos xurdiron aportacións que foron incorporadas ao texto aprobado hoxe polo goberno galego.
Asà mesmo, o texto foi sometido ao ditame do Consello Económico e Social, que avaliou “positivamente os fins e obxectivos que persegue a norma, pois o proceso de degradación da paisaxe aconsella un marco lexislativo que serva de base para unha acción administrativa eficaz de protección e salvagarda dos valores paisaxÃsticos”.
A nova norma ten os seus principios inspiradores no Convenio Europeo da Paisaxe, aprobado en Florencia no ano 2000 a proposta do Consello de Europa, no que se entende a paisaxe como un “elemento esencial para o benestar individual e social, cuxa protección, xestión e planeamento comporta dereitos e obrigas para todos”; polo que se fai necesaria a integración da paisaxe nas polÃticas sectoriais, a participación pública na definición destas polÃticas, a sensibilización sobre o valor da paisaxe, e a promoción dos estudos e a educación nesta materia.
Tendo en conta estes principios, a ConsellerÃa de Medio Ambiente elaborou o anteproxecto da Lei da Paisaxe, unha normativa de carácter novedoso, xa que soamente as comunidades de Cataluña e Valencia contan con lexislación sobre a paisaxe. O texto estructúrase en 14 artigos nos que se concreta o obxecto da lei, a actuación dos poderes públicos, os instrumentos de organización das polÃticas de paisaxe e os instrumentos para a súa protección, xestión e ordenación. Entre estes instrumentos están os Catálogos da Paisaxe de Galicia, as Directrices de Paisaxe, os estudos de Impacto e Integración PaisaxÃstica e os Plans de Acción da Paisaxe nas áreas protexidas.
Catálogos e Directrices da Paisaxe
Os Catálogos da Paisaxe de Galicia serán os documentos de referencia que deberán delimitar, en base a diferentes estudos, as grandes áreas paisaxÃsticas de Galicia. Os catálogos incluirán un inventario dos valores paisaxÃsticos de cada área e unha diagnose da mesma, identificando as zonas que precisan de medidas especiais de protección e intervención e as zonas de especial interese paisaxÃstico.
A nova lei tamén recolle a existencia das Directrices da Paisaxe, que precisarán cal é a calidade axeitada para cada paisaxe e as accións especÃficas para acadala, asà como unha descrición dos indicadores de calidade para o control e seguimento das paisaxes e unha serie de normas e recomendacións para a definición dos plans urbanÃsticos e sectoriais e das estratexias encamiñadas a acadar o desenvolvemento sostible do territorio. Estas directrices terán carácter vinculante para os instrumentos de planificación sectorial e urbanÃstica e integraranse na Avaliación Ambiental Estratéxica de plans e programas.
Estudos de Impacto e Plans de Acción
Co obxectivo de preservar as áreas de interese paisaxÃstico, o anteproxecto da lei establece que todos os proxectos que deban someterse ao procedemento de Declaración de Impacto Ambiental deberán incorporar no seu Estudo de Impacto Ambiental un Estudo de Impacto e Integración PaisaxÃstica, no que se avaliarán os efectos que o proxecto pode provocar na paisaxe.
Outro dos instrumentos para a protección e xestión da paisaxe serán os Plans de Acción en áreas protexidas, que estarán centrados nas paisaxes incluÃdas en espazos naturais de especial protección. Estes plans axustaranse ás Directrices da Paisaxe e incluirán unha proposta de medidas para o mantemento, mellora, recuperación ou rexeneración das paisaxes. A ConsellerÃa de Medio Ambiente tamén promoverá que as áreas de Especial Interese PaisaxÃstico se incorporen á Rede de Espazos Protexidos de Galicia
Observatorio Galego
O Observatorio Galego da Paisaxe será a entidade de apoio e asesoramento á Xunta nesta materia e o órgano responsable da colaboración e coordinación con outras administracións e sectores da sociedade. Entre as súas funcións atópase a de delimitar as grandes áreas paisaxÃsticas sobre as que se desenvolverán os Catálogos da Paisaxe e a elaboración dos mesmos; asà como a formación, concienciación e sensibilización da cidadanÃa na necesidade de protexer e xestionar axeitadamente a paisaxe.
O Observatorio tamén será o encargado de avaliar o estado de conservación das paisaxes galegas e analizar as súas transformacións e previsible evolución; realizar estudos e propostas en materia de paisaxe; servir como órgano asesor ás entidades locais a fin de implementar as polÃticas de paisaxe na planificación urbanÃstica e territorial; facer o seguimento das iniciativas de ámbito estatal, europeo e internacional nesta materia; participar nas redes de observatorios de paisaxe e fomentar o intercambio de información e experiencias asà como a asistencia cientÃfica e técnica mutua en materia de paisaxes transfronteirizas.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.