Notas de prensa

O servizo de Gardacostas cumpre coas prescripcións do contrato asinado con Helicsa en salvamento marítimo

Asegura que o contrato de xestión, mantemento, administración e operatividade técnica dos helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 do Servizo de Gardacostas estase a cumprir na totalidade das súas prescripcións e segue sen variar dende a posta en marcha do Servizo de Gardacostas de Galicia no ano 2004.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos afirma que, no tocante ás tripulacións dos helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, o cadro de persoal (pilotos, rescatadores e operadores de grúa) cubre as obrigas establecidas no prego de condicións técnicas contando con oito pilotos, oito rescatadores e operadores de grúa, e co apoio de tres técnicos de mantemento de aeronaves e baixo a coordinación dun Xefe de Frota.

No que respecta aos equipos, os helicópteros Sikorsky S-76C+, adquiridos en 2005 polo anterior Goberno, están dotados dos últimos adiantos tecnolóxicos: Piloto automático con catro eixos (estacionario automático), Cabina dixital, Busca estándar de salvamento acopladas ao piloto automático, Sistemas de comunicación e de navegación de última xeración, etc. Ademais, as devanditas aeronaves dispoñen do equipamento SAR (Salvage and Rescue) necesario para a súa función principal que é o salvamento e o rescate.

En base a estas características e as funcións atribuídas a todas as persoas e medios do salvamento marítimo, a misión principal destes helicópteros non é precisamente actuar coma helicóptero sanitario, senón como helicópteros de rescate e salvamento. Neste sentido, unicamente se efectúan misións de apoio ou de rescate (por estar dotados de grúa) en colaboración co 061 ou cando se trata dun traslado ou transporte sanitario que se organiza dentro das posibilidades do helicóptero e cos equipamentos necesarios admitidos, partindo de que a configuración estrutural e operativa dos mesmos non é a de helicóptero medicalizado.

En relación ao protocolo de transporte de armas, a lexislación vixente en materia de aviación civil prohibe o transporte de armas de guerra a bordo dunha aeronave. Neste caso, o Pesca 1 e o Pesca 2, por ser aeronaves civís ao respecto do transporte de armas, réxense polo establecido no capítulo 9 do Manual de Operacións da Compañía que vén sendo o sinalado no Anexo 18 da Organización de Aviación Civil Internacional (OACI).

En canto á dirección técnica, os servizos encomendados coordínanse dende a Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia. Mantense un permanente contacto co Xefe de Frota e co Departamento de Operacións da Compañía en canto ás cuestións operativas dos helicópteros e, especialmente, no referente ás paradas obrigatorias por mantemento ou por avarías xurdidas. Así mesmo, esta dirección técnica realiza o seguimento do cumprimento de todas as cláusulas e prescripcións técnicas do contrato asinado con Helicsa.

Formación

A Consellería de Pesca ten unha especial sensibilidade para que todas as persoas adscritas ao Servizo de Gardacostas teña a formación axeitada ás funcións a desenvolver e, por iso, o persoal funcionario laboral da Consellería de Pesca asiste periodicamente a cursos formativos. De feito, axentes deste corpo téñense desprazado ata o Centro de Seguridad Marítima Integral Jovellanos de Xixón, onde completan a súa formación en prevención e loita contra a contaminación. Así mesmo, outros técnicos deste e doutros departamentos da Xunta de Galicia implicados no Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña tamén participaron no ano 2007 nas iniciativas que ofrece a escola asturiana, mentres que no mes de xaneiro se celebraron en Laxe cursos de Operador Restrinxido do Sistema Mundial de Socorro dirixidos a titulado náutico-pesqueiros e impartidos por profesores do centro de Xixón.

Ademais, as tripulacións dos helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 e persoal de Gardacostas participaron o ano pasado en cursos de supervivencia aérea no mar para dotacións de voo en Rota (Cádiz), estando prevista a participación este ano en novas actuacións formativas deste tipo.

Por outra banda, é de destacar que as tripulacións están totalmente familiarizadas cos equipos de visión nocturna (Wescam), dado que son moi similares aos que tradicionalmente se viñan empregando por parte deste colectivo. De todas formas, continúan asistindo aos cursos teórico-prácticos que se imparten sobre este tipo de sistemas.

Finalmente, os pilotos dos helicópteros tiveron unha dobre formación en canto prácticas de voos de emerxencia en simuladores. Así, ademais do curso impartido por Flight Safety en EE.UU. e Sikorsky en simulador de voo, realizaron un curso de voo con instrutor homologado en España. Anualmente a habilitación dos pilotos se revalida cunha proba de verificación de competencia co instrutor autorizado. A compañía ten reservado para realizar prácticas no simulador de voo na escola de Fligh Safety en datas vindeiras entre maio e xullo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2008-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES