
O ilustrador Pepe Carreiro abiru as intervencións na Feira do Libro da Habana dentro do V Encontro Teórico Niños, Autores y Libros. Una merienda de locos xunto ao Premio Nacional de Deseño, Rafael Morante. Cun cheo absoluto, o coloquio que se desenvolveu no pavillón infantil comezou coas palabras do autor de Os Bolechas que subliñou a importancia de que a súa obra estea escrita galego, "unha lingua minoritaria" e ensalzou Galiza como "unha gran potencia nos debuxos animados".
Ilustradores e editores tanto cubanos como estranxeiros particaron no coloquio, no que Carreiro aseverou que o que hoxe, "no século XXI emociona aos primeiros lectores xa o facÃa cando eu era un neno". Por iso entre as claves do éxito da serie de contos de ‘Os BolechasÂ’ distinguiu que "contará historias de aventuras cotiás que fan que os nenos se reflictan nas personaxes, unha técnica de debuxo de liña clara con pincel, lápis e tinta china, unha narración clásica e a ausencia de grandes perspectivas, ademais de un humor infantil con certa malicia inxenua".
En canto ao uso do idioma galego, o ilustrador aproveitou para informar da situación do galego "unha lingua minoritaria", que el emprega para que "os nenos accedan ao idioma a través das súas personaxes sen darse conta con accións cotiás". Asà mesmo o debuxante destacou que Galiza é "unha gran potencia" no eido dos debuxos animados e puxo como exemplo a obra de Miguelanxo Prado ‘De profundis’ que se deu a coñecer onte na Habana.
Asà mesmo, os actos continuaron ao longo do dÃa destacando o seguinte encontro que sobre ‘Literatura infantil e sociedadeÂ’ reuniu a Fina Casladerrey, AgustÃn Fernández Paz, Xosé A. Neira Cruz e Manuel Cráneo. Óscar Villán levou a cabo un taller infantil e Xabier P. Docampo foi o encargado de clausurar o `V Encontro Teórico Niños, Autores y Libros. Una merienda de locosÂ’. A programación galega na xornada da mañá pechárona Rosa Aneiros, Camilo Franco e AntÃa Otero cun debate sobre ‘Novos formatos, novas expresividadesÂ’. Por outra banda Suso de Toro ofreceu unha conferencia ao público cubano na Cátedra da Cultura Galega.
A literatura infantil tomou o recinto feiral da Cabaña, co V Encontro Teórico Niños, Autores e Libros, que comezou onte no espazo 'Una merienda de locos', do pavillón infantil, coa presenza do presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), Santy Gutiérrez, e mais coa internvención de Antonio GarcÃa Teijeiro e Helena Villar.
Outras actividades
Manuel Rivas atopouse cos lectores cubanos na presentación da edición de 'El lápiz del carpintero', da editorial cubana Arte y Literatura, nunha sala ateigada de escritores cubanos de recoñecido prestixio que presenciaron a emotiva presentación da obra que ofreceu Laydis Fernández de Juan. A escritora cubana leu un fragmento da obra de Rivas e, facendo referencia a unha cita de Miguel Hernández tomada do propio 'Lápiz', "con el sol español puesto en la cara / y el de Cuba en los huesos", asegurou que 'El lápiz del carpintero' é unha mostra de que "Cuba e Galiza son irmás".
Ademáis, fóra do espazo reservado para a LIX, Antonio Reigosa analizou coa escritora cubana Julia Calzadilla 'Os imaxinarios compartidos'. No pavillón de Galicia, Pilar GarcÃa Negro fixo un repaso da historia da cultura galega, alonxándoa dos estereotipos existentes, facendo unha mención especial á emigración e á obra de RosalÃa de Castro. Ao mesmo tempo, Chus Pato e Antón Lopo ofreceÃan unha escolma da súa obra poética na 'Tribu da Palabra', acadando unha fonda conexión co público.
A música correu a cargo de Abe Rábade, Guadi Galego e UgÃa Pedreira, con Nordestin@s, que actuaron na sala Lecuona do Gran Teatro de La Habana, antigo Centro Galego.
Programa audiovisual
'De profundis', filme de animación en clave poética e musical e fonda pegada autoral de Miguelanxo Prado presentousese onte, no Multicine Infanta, dentro da programación de proxeccións en pantalla grande que comezaron o sábado, coa proxección de "Liste, pronunciado Lister", de Margarita Ledo. Entre o público asistente atopábanse os alumnos da Cátedra de Cultura Galega que visionaron o documental sobre unha personaxe moi coñecida en Cuba, e que viviu na Habana a súa adolescencia. Previamente, Margarita Ledo e Belkis Vega presentaron a curta "Cienfuegos 1913", resultado do traballo conxunto das dúas realizadoras para o proxecto Ópticas Cruzadas. A peza, de quince minutos de duración, é un emocionante encontro das dúas realizadoras a través dunha serie de cartas e a súa viaxe á Cienfuegos, onde naceu a nai de Margarita Ledo.
Na mesma sala, a actriz Camila Bossa presentou "A mariñeira", o último filme de Antón Dobao. A actriz protagonista tivo que asinar numerosos autógrafos ao remate da pelÃcula, que encandilou ao público asistente pola forza da historia e a beleza das paisaxes.
Os responsables agradeceron a boa acollida deste programa entre o público habitual, que asistiu atraÃdo polos carteis pendurados á porta do cinema. As proxeccións continuarán o mércores con "O menor dos males", o filme de Antonio Hernández, e con distintas mesas redondas no Centro Hispanoamericano. Tamén se presentarán as outras dúas prezas producidas dentro do proxecto Ópticas Cruzadas.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.