Notas de prensa

Antonio Rodríguez imparte o curso de cestería andaluza de palmeira anana

Esta modalidade centra o terceiro curso da programación do Centro de Artesanía e Deseño no que se imparten nocións de identificación de materiais e técnicas para a elaboración de pleitas, cordóns, asas, salvamanteis e paneiras.

A modalidade de “cestería andaluza de palmeira anana” centra o terceiro curso da programación de inverno do Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación de Lugo. Ata o venres, día 15 de febreiro, os asistentes, logo dunha correcta identificación dos materiais, aprenderán a aplicar distintas técnicas para a elaboración de pleitas, cordóns, asas, salvamanteis e paneiras.

O curso, dotado de 40 horas, é impartido por Antonio Rodríguez en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Consta de 8 prazas e está dirixido a cesteiros, artesáns e ó público en xeral. Esta actividade inclúese dentro da programación do CENTRAD para o ano 2008.

Obradoiros portátiles

Os obradoiros portátiles destinados a escolares de Primaria e Secundaria organizados polo CENTRAD continúan polos distintos colexios da provincia. Tapiz e fabricación de instrumentos musicais son as modalidades que se están a impartir esta semana nos centros educativos. Ata o día 14 de febreiro os alumnos do Colexio de Cervantes coñecerán as distintas modalidades de tapiz. Esta actividade repetirase o venres, día 15, e o sábado 16 no colexio do Landro de Viveiro.

Pola súa banda, o de instrumentos musicais que se está a impartir no CEIP de Castroverde rematará o día 14 de febreiro. Durante a fin de semana, será a quenda dos alumnos do Colexio de San Xoán de Becerreá.

O obxectivo dos mesmos é recuperar os oficios artesanais desde a etapa escolar dándolles ós rapaces a oportunidade de aprender e coñecer oficios de grande tradición na provincia.

954 escolares de 35 colexios da provincia serán os destinatarios destes obradoiros. Artesáns do Centro de Artesanía e Deseño imparten estes cursos que se están a desenvolver por toda a provincia. A vindeira semana tocaralle ós colexios Galen e As Mercedes de Lugo, así como ós CEIP da Pontenova e IES A Pinguela de Monforte.

Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo, 2008-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES