
O Mago e Mimo ourensan Anyo será un dos embaixadores da cultura artÃstica galega ante mais de 30 paises de todo o mundo que se darán cita na Feira Internacional do Libro da Habana 2008 (FILH) no apartado das artes escénicas, que se celebrará do 13 ó 24 de Febreiro do presente ano na capital cubana.
Membro da “Sociedad Española de Ilusionismo” tamén pertence á Xunta Directiva das asociacións “Circulo Máxico Auriense” de Ourense e “Magos Profesionais de Galicia”, cumplindo este ano os 25 anos dedicado o mundo artÃstico afronta con gran ilusión esta visita a Cuba para mostrar naquelas terras tan vencelladas históricamente con Galicia a sua “Maxia do Silencio”, espectáculo que mezcla a maxia e o mimo equilibrando nunha balanza o humor e os efectos visuais máxicos cunha presentación moi especial na que a palabra non se fai necesaria, captando a atención do público co xesto, a música e a propia maxia. Actuará no Pavillón Infantil da Feira o dÃa 15, e o dÃa 17 no Teatro Nacional de Guiñol da Habana en sesión de mañán e tarde.
A FILH é unha das mostras culturais máis importantes de toda Latinoamérica. Este ano Galicia asiste como paÃs cultural convidado e con tal motivo a ConsellerÃa de Cultura da Xunta de Galicia desprazará a ese paÃs unha ampla representación cultural que contempla numerosas actividades literarias, musicais e exposicións coa presencia de coñecidos escritores e artistas galegos de diferentes disciplinas, ademáis dunha mostra da diversidade de propostas escénicas que se ofrecen actualmente en Galicia, con espectáculos de teatro infantil, contacontos e danza contemporánea, sin esquecer por suposto neste caso a este embaixador da maxia galega da man deste artista ourensan que de seguro deixará o mellor de esa ilusión que transmite no corazón dos cub@nos e dos galeg@s cos que alà se atope.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.