A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos quere amosar a súa satisfacción polo anuncio feito polo Ministerio de Fomento respecto á adxudicación da nova embarcación de loita contra a contaminación que terá o seu porto base na Coruña e que servirá para reforzar os medios de recollida de hidrocarburos dos que dispón na actualidade a nosa comunidade autónoma.
O cumprimento do Plan Nacional de Salvamento Marítimo respecto a Galicia é, a día de hoxe, moi alto e a comparativa entre os medios dos que se dispón na actualidade para a loita contra a contaminación e tarefas de salvamento e dos que se dispoñía na anterior lexislatura non deixa lugar a dúbidas. Deste xeito, dende o ano 2006 a nosa comunidade conta cun remolcador de 80 mts de eslora que entrou en funcionamento en decembro de 2006. O Don Inda ten 20.600 CV de potencia e unha capacidade de recollida de hidrocarburos da auga de 1.750 metros cúbicos.
No que respecta aos medios aéreos, en xuño de 2007 presentouse o avión de longo alcance Rosalía de Castro, que ten base en Lavacolla. Ademais, incrementáronse as infraestruturas de salvamento coa contratación dunha base loxística en Vilar do Colo (Fene). A estes medios vén a sumarse agora a nova unidade marítima recolledora e de almacenamento de hidrocarburos, que ten prevista a súa entrada en servizo para comezos do verán, cunha capacidade de almacenamento de 3.100 metros cúbicos.
A Consellería de Pesca quere destacar tamén que a adxudicación anunciada hoxe polo Goberno central é froito do traballo conxunto das dúas administracións nesta materia, plasmada nun convenio de colaboración asinado en setembro de 2006 pola Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, e o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.