A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos patrocinará a iniciativa De Gusto 2008, unha actuación promovida pola Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) coa que se persegue a posta en valor de produtos gastronómicos desta zona, especialmente peixes e mariscos, en Madrid. Así, esta xornada permitirá, ademais do establecemento de contactos comerciais, a degustación de especies características da zona por parte dos asistentes.
A colaboración entre a Consellería e os profesionais do sector turístico da Costa da Morte explicouna esta mañá en Santiago o presidente de APTCM, Manuel Pan, nunha rolda de prensa celebrada no Clube Internacional de Prensa.
De Gusto 2008 celebrarase o 21 de xaneiro en Madrid, nas instalacións do Hotel Sofitel, e centrarase na presentación e degustación de especies procedentes da Costa da Morte cedidas por diversos produtores da zona. O obxectivo é a posta en valor destes produtos ante os medios de comunicación e tamén ante cociñeiros de recoñecido prestixio e xefes de compras de diversas cadenas hoteleiras que asistirán á cita.
Esta actividade que patrocina a Consellería de Pesca coincide coa celebración da feira do sector gastronómico MadridFusión, que se desenvolverá na capital de España do 21 ao 24 de xaneiro a escasos 200 metros do hotel que acollerá a xornada De Gusto 2008.
O apoio aos produtos do mar galegos é unha aposta da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e así se vén manifestando a través da participación en diversos eventos nacionais e internacionais. Bo exemplo disto é a presencia do departamento que dirixe Carmen Gallego en certames como Conxemar, celebrado o pasado mes de outubro en Vigo; a European Seafood Exposition que tivo lugar en abril de 2007 en Bruxelas; ou a celebrada en Rímini (Italia) en febreiro do ano pasado.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.