A ConsellarÃa de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da ArtesanÃa e do Deseño, convoca a primeira edición dos premios ArtesanÃa de Galicia, co obxectivo de estimular o labor de creación dos artesáns galegos e sensibilizar a sociedade sobre a importancia deste sector como motor tanto económico como cultural de Galiza. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria.
ArtesanÃa de Galicia repartirá tres galardóns correspondentes ás categorÃas de Innovación, Novos Creadores e Premio ArtesanÃa de Galicia.
O Premio Innovación está dirixido a produtos ou a accións de innovación e modernización do sector artesanal galego que poden ser novas interpretacións de deseños tradicionais, novos usos do produto, novos materiais ou novos métodos de traballo. Este premio está dotado con 6.000 euros.
A través da modalidade denominada Novos Creadores a ConsellarÃa pretende recoñecer os novos valores do sector artesán en Galiza, asà como fomentar esta actividade entre a xente nova. O premio está dirixido a artesáns ou a titulares de obradoiros artesáns que non superen os 35 anos de idade e a dotación económica será de 4.000 euros.
Por outra banda, o Premio ArtesanÃa de Galicia, será o recoñecemento ao conxunto dunha obra que reúna calidade, deseño e mais a fusión do tradicional coas tendencias actuais. A obra gañadora, que obterá un premio de 10.000 euros, deberá transmitir tamén os valores caracterÃsticos de Galiza e o grande potencial artÃstico e comercial do noso sector artesán.
Os galardóns están dirixidos a artesáns e a obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de ArtesanÃa, que poderán presentar as súas candidaturas durante os 60 dÃas seguintes á publicación das bases no Diario Oficial de Galicia.
A través deste tipo de iniciativas, a ConsellarÃa de Innovación e Industria reforza a súa aposta pola innovación e pola capacidade de adaptación da artesanÃa galega ás novas tendencias do mercado e do deseño, ao tempo que fomenta a preservación na calidade dos materiais e no carácter artesanal do proceso de elaboración.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.