
A Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta e Edicións Xerais editarán conxuntamente a obra de Simone de Beauvoir O segundo sexo, que por vez primeira se vai publicar en lingua galega.
A saída do primeiro tomo desta obra clave do pensamento feminista coincide co ano do centenario do nacemento da escritora e filósofa francesa, que se celebra o 9 de xaneiro. A presentación do libro coeditado por Xerais e Igualdade enmarcarase nos actos previstos co gallo do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo.
Sobre esta iniciativa, a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, valorou a figura de Simone de Beauvoir e asegurou que é imposible medir o impacto e a repercusión da escritora feminista máis lida do mundo. A súa obra inspirou gran parte do feminismo teórico da segunda metade so século XX, o denominado feminismo da igualdade e, por ende, foi a base ideolóxica de moitas políticas de igualdade actuais. Por iso, para Adán é necesario no centenario do seu nacemento revisar todos os avances das mulleres en positivo e saudar os novos retos que quedan por diante.
Simone de Beauvoir, ao teorizar sobre as mulleres dende a relación que estas manteñen co sexo ou, noutras palabras, cómo o sexo as definiu historicamente como diferentes, senta as bases dun dos debates máis significativos dentro do feminismo, nomeadamente, a reflexión en torno ao que é biolóxico e ao que é cultural na situación de inferioridade que padecen as mulleres. A autora de O segundo sexo toma partido polos elementos culturais e rexeita calquera tipo de esencialismo bioloxicista. Esta aposta queda plasmada no inicio do segundo volume do libro coa famosa sentencia "non se nace muller, chégase a selo" que se convertería nunha das sentencias máis famosas do feminismo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.