O Consello da Xunta autorizou o compromiso de gasto plurianual correspondente á Orde pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación de persoal especialista en investigación mariña, correspondentes ao programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) do Goberno galego. Ademais, procedeuse tamén a dar o visto e prace á próxima convocatoria destas axudas.
O obxecto desta convocatoria será a concesión de tres bolsas de dous anos de duración, prorrogables por outro ano máis, e destinadas a titulados superiores universitarios, para a realización de teses de doutoramento nos seguintes proxectos: Estudo da presenza de tumores en solénidos. Posible orixe. Aspectos biolóxicos e xenéticos; Estudo do stock das poboacións de vieira Pecten maximus nas rías galegas, e Estudo da perkinsose no litoral español: caracterización de variantes taxonómicas do parasito, do seu ciclo de vida e da resposta inmunitaria do hóspede.
Para a concesión destas axudas de formación a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos achegará un total de 105.462,00 euros, repartidos en tres anualidades: 40.700,00 euros no ano 2008, 54.872,00 no 2009 e 9.890,00 no 2010.
Programas dedicados aos recursos humanos e recursos mariños
O Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT), foi creado polo Goberno galego coa finalidade de fomentar a investigación científica e o desenvolvemento e innovación tecnolóxica de cara a promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. O PGIDIT está integrado por liñas de actuación xerais, sectoriais e horizontais. Dentro das horizontais figura o programa de recursos humanos, destinado a incrementar o persoal dedicado a actividades de I+D+i, tanto en número como en especialización. Así mesmo, nas liñas de actuación sectoriais atópase un programa dedicado aos recursos mariños, que ten como propósito actuar sobre dúas áreas
fundamentais neste eido: a pesca e a acuicultura, que cada vez exixen unha maior presenza de persoal con altos niveis de formación e experiencia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.