Un total de 466 establecementos galegos recibiron o distintivo Calidade Comercio Galego, unha marca emitida pola ConsellarÃa de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Comercio, coa que pretende fomentar un valor engadido e diferencial do pequeno comercio tradicional e de proximidade. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presidiu o acto de entrega celebrado no Pazo de Congresos de Santiago e no que tamén participaron a directora xeral de Comercio, Ana Rúa; o xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Xosé Lois Villasante; o presidente da Federación Galega de Comercio, José MarÃa Seijas e o presidente do Consello Galego de Cámaras de Comercio, Francisco Cruz.
Para o conselleiro nacionalista, coa consolidación deste selo lograrase un maior fortalecemento do sector comercial, un sector cun gran peso especÃfico na economÃa galega e que, segundo dixo, non pode ser alleo á consecución de maiores graos de calidade nos servizos que presta. Fernando Blanco explicou que xa no logotipo da marca identificase calidade con comercio, unha imaxe de marca colectiva que vai permitir visualizar de cara ao cliente que os establecementos que a ostenten están a ofrecer servizos de calidade. O obxectivo, segundo apuntou o titular de Innovación e Industria, é que o pequeno comercio tradicional mellore, se modernice e se adapte á nova realidade sociolóxica.
A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia dependente da ConsellarÃa foi a encargada de desenvolver as tarefas de verificación de requisitos para a obtención deste distintivo de calidade e a súa concesión, que de momento obtiveron xa 466 comercios galegos. Como condición previa para a concesión da marca os establecementos deben estar en posesión da certificación do cumprimento da norma UNE 175001, o único sistema de calidade para o comercio a nivel estatal. A ConsellarÃa esixe ademais o cumprimento de oito dos nove requisitos especÃficos deste selo: coñecemento da normativa vixente en materia de comercio; ausencia de sancións nos tres últimos anos; utilización da lÃngua galega na sinaléctica e páxina web; adhesión ao sistema arbitral de consumo; pertenza a unha asociación de comerciantes; procura da conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores; existencia de programas de prevención de riscos laborais; supresión de barreiras arquitectónicas nos locais e medidas de aforro enerxético.
O titular de Innovación e Industria concluÃu recordando que neste ano 2007 o seu departamento destinou 800.000 euros ao fomento da calidade no comercio e avanzou que este é un ámbito no que se seguirá traballando mesmo dende o punto de vista normativo, xa que no marco da Lei de Comercio Interior que se está tramitando figura un apartado que recolle as condicións en que debe realizarse a oferta comercial, para prestar un mellor servizo aos consumidores.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de EnerxÃas Renovables e Cambio Climático, Paula UrÃa. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalÃa positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, asà como persoas adestradoras ou técnicas, xuÃzas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuÃzas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.