Notas de prensa

A conselleira de Pesca recibiu á directiva da patronal pesqueira Cepesca

Esta é a primeira presentación da organización pesqueira ante unha comunidade autónoma tralo seu nacemento da unión entre Feope, Feabp e Onape.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, e o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, mantiveron unha xuntanza co equipo directivo da Confederación Española de Pesca (Cepesca). O encontro celebrouse en Santiago de Compostela e nel participaron o presidente da organización, Amador Suárez, e o secretario xeral, Javier Garat, así como os vicepresidentes primeiro e segundo de Cepesca, Juan Manuel Liria e Joaquín Cadilla, respectivamente.

A reunión foi aproveitada polos representantes da patronal para presentarlle á Conselleira os obxectivos desta organización que naceu da unión entre a Federación Española de Organizaciones Pesqueras (Feope), a Federación Española de Armadores de Buques de Pesca (Feabp) e a Organización Nacional de Asociaciones Pesqueras (Onape). Entre estas finalidades atópanse o desenvolvemento sustentable e responsable da pesca, a mellora da competitividade do sector e a loita contra a pesca ilegal.

A xuntanza mantida constitúe a primeira presentación de Cepesca ante unha comunidade autónoma despois de terlle trasladado o seu proxecto á Ministra de Agricultura, Pesca y Alimentación, Elena Espinosa. O feito de que o primeiro contacto da organización cunha administración pesqueira autonómica sexa coa galega débese a que gran parte dos colectivos integrados nesta patronal están asentados en Galicia.

Dende a Consellería de Pesca, ofreceuse todo o apoio e colaboración posible a esta organización que representa, entre outros, a unha importante porcentaxe da flota que faena no Cantábrico Noroeste ou en Gran Sol, así como a gran parte da flota de cerco española.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES