O Salón de Plenos da Deputación de Lugo acolle o dÃa 20 a entrega do premio literario “Otero Pedrayo” 2007 que este ano recae no humanista e xeógrafo lugués Francisco Javier RÃo Barja. Organizado esta edición pola institución luguesa e convocado cada ano por unha das deputacións galegas, está dotado de 30.000 euros.
O xurado destacou o traballo deste académico da Lingua Galega e da Academia das Ciencias como continuador do gran Otero Pedrayo. A entrega do premio realizarase o dÃa 20 de decembro ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos. Ó acto están conviados máis de 100 persoas entre as que se atopan o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a Presidenta do Parlamento de Galicia, MarÃa Dolores Villariño, a Conselleira de Cultura, Ãnxela Bugallo, o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, membros da Corporación Provincial, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, ademais doutras personalidades polÃticas, das artes, das letras e das ciencias de Galicia.
Con este premio preténdese resaltar a figura e obra deste literato contribuÃndo ó mesmo tempo á exaltación da cultura galega promocionando os seus valores e ós escritores que traballan pola defensa da nosa cultura.
Vida e Obra
DiscÃpulo e compañeiro de Otero Pedrayo, Francisco Javier RÃo Barja é continuador da teorÃa xeográfica humanista do escritor ourensán. Naceu en Lugo en 1919 e vive en Santiago de Compostela. É catedrático de XeografÃa pola Universidade de Compostela. Ten estudos de Dereito, FilosofÃa e Letras e XeografÃa e Historia.
Membro da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega, da Academia de Ciencias de Galicia e do Instituto Galaico-Miñoto, foi director do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” durante os anos 1978 e 1994.
Entre os numerosos premios e distincións que ostenta destacan os Premios Galicia de Investigación, das Artes e das Letras e Castelao da Xunta de Galicia; Trasalba da Fundación Otero Pedrayo; Ramón Mourente de Periodismo, Premio do Ministerio de Información e Turismo; Premio Valle Inclán e Alfredo Brañas do Centro Galego de Bos Aires. Francisco Javier RÃo Barja tamén foi galardoado con un estudo sobre a Terra Chá pola Deputación de Lugo.
Da súa extensa bibliografÃa destacan tamén documentais sobre rexións naturais galegas realizados en colaboración con Consello da Cultura Galega e emitidos pola Televisión de Galicia. Coordinador de 5 tomos sobre “GeografÃa de Galicia” (Proxecto de Galicia) é tamén autor doutras publicacións como: “BibliografÃa económica de Galicia” (1960); “Didáctica da xeografÃa” (1981); “CartografÃa xurisdicional de Galicia no século XVIII” (1989); “Os rÃos galegos. Estudio de morfologÃa e réxime” (1992); “Galicia, esa descoñecida” (2001).
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.