Notas de prensa

Incautados nun mes máis de 1.300 kilos de peixe e marisco

Este é o resultado das actuacións de control e inspección pesqueira habituais realizados polos axentes de Pesca entre o día 12 de novembro e o 10 de decembro.

O Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, como resultado das actuacións de control e inspección pesqueiras que desenvolve de xeito habitual nas rías galegas a través do seu persoal, e en colaboración cos vixilantes das confrarías de pescadores (sufragados pola propia Consellería), comisou no último mes (dende o 12 de novembro ata o 10 de decembro) un total de 1.304 quilogramos de peixe e marisco e incautouse de 1.227 bens e medios.

Da cantidade total de produtos pesqueiros e marisqueiros comisados, un total de 224,5 quilos pertencen a diversas especies como pescada, rape, rapante, raia ou congro, entre outros. Así mesmo, 120,20 quilos corresponden a moluscos cefalópodos, sobre todo polbo, e 242,80 quilos a crustáceos, principalmente centola, nécora e camarón. Non entanto, as especies máis requisadas son as pertencentes aos moluscos bivalvos das que os Gardacostas comisaron un total de 716,5 quilogramos, dos cales a maioría son berberecho, ameixa e vieira.

No que respecta aos bens e medios incautados polos axentes de Pesca destacan: 788 unidades de nasas de polbo, nécora, camarón e centola; 267 pezas de miños; 105 rascos; 12 betas e seis trasmallos, entre outros aparellos e artes de pesca e marisqueo. Así mesmo, requisáronse nove embarcacións, dous equipamentos de mergullo, un vehículo, tres viveiros e unha gaiola.

Entre os operativos máis importantes é de salientar o levado a cabo en Ferrol no que, coa colaboración dos vixilantes do pósito ferrolán, comisáronse un total de 137 quilos de veira. Tamén é reseñable a actuación realizada na Ría de Noia onde se incautaron dúas embarcacións da 3ª lista por estar traballando sen a correspondente autorización, e que tiñan no seu interior un total de 95 quilos de berberecho e 6 de ameixa, que foron devoltos ao mar. Nos últimos días destaca o comiso de 120 quilos de berberecho en Portosín, de 216 quilos de ameixa babosa en Pontevedra ou o realizado polos servizos centrais dos Gardacostas nas instalacións dun hipermercado de maioristas na comarca de Santiago de Compostela, no que se aprehenderon 34,5 quilos de polbo e 72 quilos de pescada de tamaño antirregulamentario. Tamén é destacable a incautación de dúas embarcacións nunha actuación levada a cabo onte mesmo na Ría da Pasaxe (A Coruña).

Vixilancia

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a través do Servizo de Gardacostas, conta con 141 medios persoais, así como con 24 embarcacións, 67 vehículos e dous helicópteros, entre outros medios materiais propios, para a súa labor de inspección pesqueira polas rías galegas. Este persoal e material está distribuído nas 9 bases operativas que Pesca ten ubicadas por todo o litoral galego (Celeiro, Ferrol, A Coruña, Muxía, Portosín, Ribeira, Vilaxoán, Pontevedra e Vigo), así como nos servizos centrais de Santiago de Compostela.

Ademais, os Gardacostas tamén contan coa colaboración dos corpos e forzas de Seguridade do Estado e cos servizos de vixilancia das confrarías de pescadores nas tarefas de control e inspección.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-12-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES