A ConsellarÃa de Innovación e Industria disporá dunha nova cantidade orzamentaria para completar a extensión das infraestruturas de telecomunicacións en Galiza, un total de 98.980.000 euros, que o Estado vén de conceder en préstamo, a interese cero, para a universalización do servizo de banda larga e para a extensión da cobertura da televisión dixital terrestre (TDT) no noso paÃs. A cantidade inicialmente prevista para Galiza ascendÃa a 76.934.437 euros, pero a ConsellarÃa logrou ampliala até os 99 millóns na reunión da Conferencia Sectorial da Sociedade da Información celebrada esta tarde en Madrid e na que participou a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela.
Na Conferencia estableceuse o reparto definitivo por comunidades autónomas dos novos compromisos do Estado en infraestruturas de telecomunicacións para o ano 2008. Galiza recibirá o maior crédito dos concedidos ás comunidades, conseguindo o 17,9% do préstamo total outorgado, por riba de Cataluña, que recibe 97 millóns de euros.
Esta cantidade permitiralle ao departamento dirixido polo nacionalista Fernando Blanco completar a extensión da banda larga nas zonas nas que a infraestrutura non permite aÃnda ofertar servizos de banda larga axeitados aos cidadáns, zonas na que aÃnda non existe a suficiente dotación de redes por parte dos operadores ou existen redes anticuadas que impiden ou dificultan a oferta dun acceso de calidade a internet. Da mesma maneira, unha parte do crédito destinarase a financiar a dotación das infraestruturas necesarias para complementar a cobertura e difusión do sinal de televisión dixital terrestre (TDT) na totalidade do territorio do paÃs.
Co fin de detectar con exactitude as zonas carenciais neste tipo de infraestruturas, a ConsellarÃa de Innovación e Industria está a ultimar a elaboración do Mapa de Infraestruturas de Telecomunicación, en base ao cal se desenvolverán as actuacións máis acaÃdas para completar a universalización da banda larga.
Respecto das condicións do préstamo concedido, ten un tipo de interese do 0%, a súa devolución realizarase nun prazo máximo de 15 anos e non ten que empezar a devolverse ata dentro de 3.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.