O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e xestión da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos” de Lira. Este texto normativo recolle cuestións relativas á elaboración e revisión dun censo de embarcacións; ás actividades permitidas dentro da reserva; e ao seguimento cientÃfico e de divulgación desta área protexida. Ademais, regula o nomeamento dos membros do órgano de xestión, seguimento e control, asà como o seu funcionamento e a súa sede.
Esta Orde, que entra en vigor mañá mesmo, dá continuidade ao proceso de creación da Reserva “Os Miñarzos”, impulsada pola ConsellerÃa de Pesca e a ConfrarÃa de Pescadores de Lira, que se iniciou coa publicación no DOG, o pasado mes maio, do Decreto 87/2007 polo que se creou esta área protexida e tras a súa aprobación polo Goberno galego. Posteriormente, constituÃse o Órgano de Xestión, Seguimento e Control da reserva.
A Orde que recolle o DOG de hoxe trata de desenvolver aqueles aspectos procedementais necesarios para o bo fin do obxecto da reserva: a recuperación dos recursos pesqueiros e dos seus ecosistemas, asà como para o correcto seguimento da súa evolución. Deste xeito, un dos aspectos nos que se incide é a sinalización da área protexida, cuxos lÃmites serán balizados adecuadamente pola ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos.
Asà mesmo, regula o funcionamento do Órgano de Xestión, Seguimento e Control, adscrito á Dirección Xeral de Recursos Mariños, que terá a súa base no Porto de Lira e do que formarán parte, en representación do sector pesqueiro, dous membros propostos pola ConfrarÃa de Pescadores de Lira e outros dous designados pola Federación Galega de ConfrarÃas. Pola súa banda, en representación da ConsellerÃa de Pesca participan tres integrantes e outro máis da ConsellerÃa de Medio Ambiente, tal e como xa establecÃa o decreto polo que se creou a Reserva Mariña de Lira. Este órgano rector reunirase en réxime ordinario dúas veces ao ano, preferentemente nos meses de marzo e outubro, e cantas veces propoña o seu presidente ou o soliciten tres dos seus membros.
Entre as funcións asignadas ao Órgano de Xestión, Seguimento e Control estarán supervisar e coordinar as actividades do persoal destinado ao seguimento da reserva; emitir informes no procedemento de elaboración e actualización do censo de embarcacións que poden faenar nesta área protexida; aprobar o plan anual de actuacións; e informar do programa de seguimento cientÃfico da reserva con anterioridade á súa aprobación. Ademais, proporá a realización de actividades de formación, información e divulgación deste espazo, asà como propostas de modificación da normativa e condicións de uso da reserva e elevará informes anuais sobre a situación desta área e a súa evolución.
Elaboración e revisión do censo
Para a creación do censo de embarcacións que poden pescar na Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos”, a ConsellerÃa de Pesca publicará, nos vindeiros dÃas, unha resolución no DOG tras a que se abrirá un perÃodo de solicitude de inclusión durante o prazo dun mes. No caso de que o número de solicitudes sexa excesivo, en relación coa capacidade produtiva da área protexida, terase en conta como criterio de selección a pertenza a portos base máis próximos ao ámbito xeográfico da reserva.
Unha vez se elabore o censo provisional será publicado tamén no Diario Oficial de Galicia para que os interesados poidan formular as alegacións que consideren oportunas. O censo definitivo será aprobado por resolución da titular da ConsellerÃa de Pesca e publicado no boletÃn oficial da Comunidade Autónoma nun prazo máximo de tres meses, contados dende a finalización do prazo de presentación das solicitudes.
Non se poderán incorporar novas embarcacións mentres non se acorde a actualización do censo e de cara á actualización do mesmo teranse en conta como criterios básicos, ademais da pertenza a portos cercanos, a habitualidade e as capturas realizadas no ámbito da reserva polas embarcacións que xa estivesen incluÃdas.
Serán causas de exclusión do censo o incumprimento da normativa de uso e xestión da reserva e a negativa á realización do control das actividades polo Servizo de Gardacostas ou polo persoal de xestión, seguimento e control da Reserva Mariña de Lira.
Usos pesqueiros permitidos e mergullo de lecer
As embarcacións que estean incluÃdas no censo poderán desenvolver a pesca marÃtima profesional nas áreas non delimitadas como reservas integrais, coas artes e aparellos tradicionalmente empregados na zona: artes de anzol (cordel, palangrillo e palangre de fondo para congro), nasas (de polbo, nécora e camarón), artes de enmalle (trasmallos, miños, betas e xeito) e outras artes como a do gancho e espello para a captura da centola.
En canto á navegación e fondeadura, as embarcacións que realicen actividades de pesca na reserva mariña deberán comunicarlle ao persoal de xestión, seguimento e control a súa entrada na zona, identificándose convenientemente e notificando as capturas que leven a bordo nese momento. Do mesmo xeito, terán que notificar a súa saÃda e informar do número de artes que deixan caladas e as capturas realizadas na zona da reserva.
Segundo recolle a Orde publicada hoxe, na Reserva Mariña de Lira poderanse practicar actividades subacuáticas na modalidade de mergullo autónomo recreativo, aÃnda que suxeitándose a unha serie de condicionantes: levar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para practicar o mergullo, solicitar a autorización de emprego de lanternas ou focos, perturbar o menos posible o estado do medio e preservar a integridade de individuos ou comunidades dependentes do medio mariño, respectar a práctica da pesca profesional, seguir as indicacións do persoal de seguimento e control en todo momento, asà como empregar a bandeira A do código internacional de sinais.
Deste xeito, está prohibido realizar mergullo de lecer sen a preceptiva autorización cando o acceso estea limitado, practicar inmersións nocturnas, o emprego de torpedos ou outros medios de propulsión submariña, a tenza de calquera instrumento que poida empregarse para a pesca ou a extracción de especies e a recolección ou captura de organismos animais ou vexetais que estean vivos ou mortos. Asà mesmo, non se poderá extraer ningún mineral ou resto arqueolóxico, alimentar aos animais durante as inmersións, perturbar ás comunidades de organismos mariños ou executar probas de mar ou prácticas de escolas de mergullo.
Seguimento cientÃfico e divulgación
Por outra parte, esta Orde recolle que a ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos, a través da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, elaborará un proxecto de seguimento cientÃfico da reserva mariña para coñecer a súa evolución. O desenvolvemento deste programa de seguimento realizarase baixo a coordinación do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Lira.
Asà mesmo, o departamento de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da ConsellerÃa será o encargado de elaborar anualmente un informe sobre a área protexida que será difundido ao sector, institucións e entidades interesadas para o seu coñecemento. Ademais, o devandito departamento, proposta do Órgano de Xestión, Seguimento e Control, realizará as actividades de formación, información e divulgación que se consideren necesarias e oportunas.
A primeira de Galicia
A Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos” de Lira é a primeira destas caracterÃsticas que se crea en Galicia. Coa súa creación búscase protexer e favorecer a rexeneración dos recursos pesqueiros, impulsar a pesca sostible e conservar a flora e a fauna do medio mariño e a súa diversidade. Asà mesmo, preténdense divulgar os valores pesqueiros e ambientais da costa galega e o apoio a estudos cientÃficos sobre as medidas de protección dos recursos e a xestión das pesquerÃas.
Ademais, coa posta en marcha deste espazo mariño protexido tentaranse acadar novas oportunidades socioeconómicas no eido do turismo e do lecer, que favorecerán a diversificación das actividades da comunidade pesqueira e a posta en valor dos profesionais do mar e da cultura mariñeira.
A Reserva Mariña de Lira, tal e como recolle o Decreto 87/2007, contempla a delimitación dunha área de interese pesqueiro e de dúas de reserva integral. Dentro da primeira están permitidas, entre outras actividades, a pesca marÃtima profesional con artes e aparellos empregados tradicionalmente na rexión, para o que será preciso estar inscrito nun censo de buques autorizados; a recollida de ourizo, navalla, poliquetos, anémonas e percebe conforme ao Plan de Explotación anual aprobado; o marisqueo a pé e a recollida de algas segundo recolla o citado Plan, asà como a recolla de mostras de flora e fauna mariñas con finalidade cientÃfica.
Pola súa banda, nas zonas da reserva integral queda prohibida a práctica da pesca marÃtima, a extracción de fauna e flora e a realización de actividades subacuáticas, coa excepción das actividades destinadas á toma de mostras autorizadas con fins cientÃficos ou de seguimento da Reserva.
Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañÃas Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxÃas e incorporará sistemas hÃbridos de almacenamento con baterÃas e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.