
Coincidindo co estreo cinematográfico de “La brújula dorada”, FAKTORÃA K vén de publicar a versión galega da novela na que está baseada, “A aurora boreal”, do escritor británico Philip Pullman, traducida por Fernando Moreiras.
Ademais, a editorial viguesa segue contribuindo á normalización da lingua coa tradución de “O neno do pixama a raias”, o gran éxito literario do irlandés John Boyne, con Daniel Saavedra como tradutor.
“A aurora boreal”, galardoada en 1995 coa Medalla Carnegie á mellor obra xuvenil, é a primeira parte da triloxÃa titulada ‘A materia escuraÂ’. Esta novela fantástica ambientada na época victoriana contén todos os ingredientes para atraer o interese de rapaces e adultos: estranas desaparicións, segredos, misións arriscadas, mundos paralelos e obxectos máxicos. Aborda temas como a rebeldÃa fronte ás convencións morais da época, a loita do ben contra o mal e o afán por adquirir coñecemento.
A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectalismos e pola variedade de rexistros que quedan plasmados ao longo das máis de 300 páxinas desta apaixoante lectura, que comeza cuns versos do poeta e ensaÃsta inglés John Milton.
Philip Pullman (Norwich, 1946) é un dos autores de máis
éxito dos últimos tempos a nivel internacional. Os tÃtulos
desta saga situáronse no terceiro posto dunha enquisa
realizada pola cadea BBC para coñecer os gustos literarios
dos lectores británicos. Pola súa produción editorial, que
abarca unha ampla variedade de tÃtulos e xéneros traducidos
a varias linguas, foi galardoado en 2005 no memorial Astrid
Lindgren, entre outros premios, como o Guardian, o
Smarties e Elinor Farjeon ou o Whitebread.
FAKTORÃA K abre asà unha nova liña editorial dentro da súa
recén estreada colección de narrativa en galego, que
comezou coas obras tituladas “O señor Ibrahim e as flores
do Corán” e “Cuspirei sobre as vosas tumbas”. O deseño da
portada é do artista suizo afincado en Galicia, Marc Taeger,
quen tamén vai compoñer a imaxe gráfica dos próximos
volumes da triloxÃa, titulados “O coitelo sutil” e “O anteollo
de ámbar”, que sairán publicados durante 2008.
A novela de John Boyne (DublÃn, 1971) traduciuse a máis
dunha vintena de idiomas, foi lÃder de vendas en Irlanda
durante 35 semanas, converteuse nun dos libros de maior
éxito e mellor valorados en España, con máis de 50.000
exemplares vendidos, e vén de facerse dela unha adaptación
cinematográfica.
A obra foi finalista en varios premios literarios e tamén
estivo nominada á Medalla Carnegie. O deseño de portada
tamén lle corresponde a Marc Taeger.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.