
A Federación Galega de Comercio realizou na súa sede o sorteo ante notario da VI Gran Quincena do Comercio Galego, unha campaña promocional que se desenvolveu entre o 5 e o 24 de novembro co obxectivo de incrementar as vendas no sector. Os premios da campaña foron catro coches (1 por provincia) e 50 premios de 200 euros para clientes que realizaran a compra coa Tarxeta Amarela do Comercio Galego. A campaña contou coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a S.A. Sociedade Xacobeo e Caixa Galicia.
Os premios entregaranse nun acto a celebrar en Santiago de Compostela o luns, 3 de decembro, ás 13.00 horas, no Hostal dos Reis Católicos.
Por outra banda a Federación Galega de Comercio clausura o 30 de novembro o Programa de Dirección e Dinamización de Centros Comerciais Abertos, organizado pola Rede de Centros Comerciais Abertos de Galicia. No programa participaron técnicos de 27 centros comerciais abertos e urbanos de Galicia, que recibirán os seus diplomas no transcurso dun acto que se celebrará no Hotel Monumento San Francisco de Santiago e contará coa presencia do presidente da Rede de Centros Comerciais Abertos de Galicia, José Mª Seijas López e do director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca. O Programa de Dirección e Dinamización é unha iniciativa única en Galicia orientada á formación do persoal técnico que se atopa á fronte destes centros.
Os gañadores do sorteo da Quincena do Comercio Galego foron:
- Catro coches:
o A Coruña: Mª Isabel López López, por unha compra realizada no establecemento Leder de Ferrol.
o Lugo: Joaquín Moreda González, que mercou en Pedro J. Rodil Sanjurjo de Foz.
o Ourense: Cándida Carrera Feijoo, cunha compra realizada en Miguel Angel, S.C. de Ourense.
o Pontevedra: Leticia Soliño Fontán, que mercou no establecemento Rubiolar do Cabaleiro de Redondela.
- 50 premios de 200 euros.
1. Purificación Charlón Freire. Ares.
2. Teresa Huelmo Fernández. Foz.
3. María Soledad Santos Pereira. A Coruña.
4. Mercedes Fernández Couto Tella. A Coruña.
5. Mª Carmen Cervelo Pardo. Santiago de Compostela.
6. Vicente García Castro. Lugo.
7. Ana Isabel Salceda Quintiá. Narón.
8. Adriana Fraga Garrido. A Coruña.
9. Isabel García Quintás. Noia.
10. Josefa Bellas López. Ferrol.
11. Mª Gema Sáenz Filgueira. A Coruña.
12. Mª Encarnación Fernández Salgado. Santiago.
13. Manuel Fernández González. Cambre.
14. Mª Victoria Rodríguez Fraga. A Coruña.
15. Mª Soledad Mansilla Nouche. Santiago de Compostela.
16. Mª Luz Carnota Mosquera. Ordes.
17. Santiago Manuel López Álvarez. A Coruña.
18. Margarita Quintián Méndez. Ferrol.
19. Mª Hilda Fariña Facal. A Coruña.
20. Mª Dolores Vidal Díaz. Ferrol.
21. Gerardo Alvariño Varela. Lugo.
22. Mª Carmen Herrera García. A Coruña.
23. Mª Carmen López Carou. A Coruña.
24. Mónica Ramos Pérez. Lugo.
25. Mª Mónica Vázquez Alonso. Lugo.
26. Luis Fernández Pensado. Noia.
27. Mª Jesús López Gómez. Lugo.
28. Mª Isabel Rodríguez Pérez. Monforte de Lemos.
29. José Antonio Rega García. A Coruña.
30. Mª Elena García Iglesias. Pontevedra.
31. Mª Victoria Casal Devesa. Ames.
32. Mª Isabel Rodríguez Ferreiro. Vigo.
33. Mª Carmen Alvarez Carrodeguas. Ferrol.
34. Ana Freire García. Ames.
35. Rafael Vilageliú Mouriño. Pontevedra.
36. Julio Iglesias Rodríguez. Porriño.
37. Rogelio Méndez Cociña. Viveiro.
38. Mª Jesús Carracedo Rodríguez. A Coruña.
39. Mª Carmen López Carou. A Coruña.
40. Mª Covadonga Iglesias Varela. A Coruña.
41. Luis Delfín González Sobrado. Lalín.
42. Rosa María Castiñeiras Peña. Santiago de Compostela.
43. Mª Pilar Pena Rico. Ferrol.
44. Juan Jesús Campaña Abuín. A Coruña.
45. Víctor Manuel García Sánchez. Arteixo.
46. Ana Belén Carreira Agruñá. Lugo.
47. José Ramón Veiga Bendaña. A Coruña.
48. Pedro Vázquez Deibe. Ferrol.
49. Manuel Couto Santos. A Coruña.
50. Mercedes Náñez González. Ponteareas.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.