
Un ano máis, chega o DÍA DOS DEREITOS DO NENO, volvéndonos a facer moitas preguntas ao respecto:
Realmente fai falta que nos recorden que os nenos teñen dereitos?
Hai nenos na nosa Galicia que non teñen cubertos os seus dereitos de xeito digno?
Na sociedade do benestar e da xustiza social que nos queremos impor, ten cabida dita celebración ou tería que ser todo o ano o día dos dereitos?
Pois ben, tentando dar resposta a estas inquedanzas que agroman entre os meus pensamentos, voume decatando de que aínda que en Galicia esteamos a importar nenos e nenas de países menos desenvolvidos, seguimos xirando a vista cara a outro lado cando nos atopamos COS NOSOS NENOS SEN DEREITOS, deses nenos máis desfavorecidos que non teñen detrás unha familia que mire por eles.
Estou a falar de...
tantos e tantos nenos que seguen a vivir nas súas casas en situación de risco, sabendo todos que as ferramentas que temos para minimizar dito risco son ben escasas;
os centos de nenos e nenas que pasan a MAIORÍA DA SÚA INFANCIA EN CENTROS DE MENORES, (algúns deles por riba dos catro ou cinco anos), sen que sexamos quen de buscarlle unha alternativa mellor;
aqueles nenos e nenas que non son suficientemente arroupados pola súa familia, do xeito estábel e seguro que precisan para desenvolverse nun futuro como adultos libres e autónomos;
aqueles nenos e nenas que, polas súas circunstancias persoais específicas e non dispondo de ningunha alternativa familiar, non poden ver cumprido o seu dereito a sentirse membros dunha familia, porque non hai ninguén capaz de brindarlle a súa;
todos aqueles nenos e nenas que os nosos servizos sociais e a nosa sociedade en xeral non son quen de detectar cando o están a pasar mal, porque non somos capaces de denunciar a situación por medo a prexuízos, porque se lles tocou vivir nesa familia
Por iso temos que seguir celebrando días como este, que nos aguilloan para loitar por un cambio que nos permita dicir, o próximo ano, que imos rebaixando esas cifras e ESTAS INXUSTIZAS PARA COS NOSOS NENOS E NENAS, PRESENTE E FUTURO DA SOCIEDADE DE HOXE E DE MAÑÁN.
En ARELA facémonos o firme propósito público de traballar para cambiar o rumbo destas inxustizas.
Agradecemos a difusión desta nota de prensa. Para ampliar información, diríxanse a Ángel Martínez director de Arela- a través do teléfono móbil 627 582 567.
ARELA Iniciativas de Apoio á Infancia e á Mocidade é unha asociación que asume como misión a promoción de calquera tipo de iniciativa encamiñada ao desenvolvemento positivo da infancia e da mocidade de Galiza con problemas familiares e/ou en conflito social, desenvolvendo para iso unha serie de recursos: oito casas de familia nas catro provincias; dous centros de día na provincia de Pontevedra para menores en conflito social e o Programa de Adopcións Especiais buscámoste a ti, con sede en Santiago de Compostela. Arela atendeu, ao longo do pasado ano un total de 239 nenos e mozos galegos.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.