
A Xunta de Galicia destinará o próximo ano 138 millóns de euros á investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación o que supón un 60% máis que no ano 2005. Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio na clausura da Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios Techbusiness Week 2007 celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago. O conselleiro salientou a aposta do Goberno galego pola sociedade da información e a incorporacións das novas tecnoloxías como medio para incrementar a produtividade e a competitividade. O obxectivo é impulsar o crecemento e a creación de emprego a partir dunha economía baseada na sociedade do coñecemento, explicou.
Nesta estratexia, segundo expuxo, a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicaión (TIC) é un elemento fundamental tanto no ámbito das empresas como das administracións públicas. Neste último ámbito, explicou, Galicia está a destinar recursos para a extensión da sociedade da información aos servizos públicos con repercusión no cidadán. Exemplo diso é a implantación das TIC nos sectores sanitario e educativo, así como noutros ámbitos da administración pública para desenvolver novos servizos ou incrementar a calidade na prestación dos mesmos. No presuposto 2008, destínanse máis de 75 millóns ás TIC, entre o Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI) e os plans de implantación das tecnoloxías da información nos ámbitos educativos e sanitarios. Ademáis, 12,6 millóns de euros adicionais van dirixidos á avaliación e á calidade da administración pública, incluíndo o impulso da e-Administración.
Xunto coas actuacións do sector público, o conselleiro salientou a importancia de incrementar a contribución das empresas e institucións privadas ao gasto xeral en I+D+i co obxectivo de aumentar a produtividade e abordar estratexias de crecemento baseadas na diversificación de produtos, no diseño e na calidade, e na internacionalización das empresas. Neste sentido, animou aos empresarios a abordar iniciativas de cooperación para o desenvolvemento, utilización e difusión da innovación para incrementar as posibilidades de trasladar á novos produtos e procesos os resultados das investigacións dos axentes académicos, empresariais e institucionais. Trátase, explicou, de impulsar o crecemento económico e social de Galicia a través da mellora da nosa capacidade científico-tecnolóxica, e facilitando a participación das empresas nos procesos de innovación e a extensión dos beneficios da investigación ao conxunto da sociedade galega.
Agrupacións Empresariais Innovadoras
Nesta mesma liña, o conselleiro salientou que Galicia conta con catro Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI´s) dentro da primeira convocatoria do Programa de apoio a esta nova figura de cooperación empresarial. En concreto, dentro das sesenta aprobadas, figuran a AEI Enerxía e Medio Ambiente Sostible; a Asociación Clúster do Naval Galego; o Clúster da Madeira; e a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia. Os proxectos destas catro AEI´s galegas contarán co apoio do programa do Ministerio de Industria Turismo e Comercio para o desenvolvemento dos seus respectivos planos estratéxicos sectoriais. Galicia é así a quinta comunidade autónoma por número de AEI´s incluídas no programa que contará con tres millóns de euros en axudas.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.