
O documental ”Un mar de velas”, que se estrea o sábado 10 de novembro na TVG, ten como obxecto dar a coñecer as embarcacións tradicionais e o traballo dos colectivos e persoas que traballan neste sector á sociedade galega. Asà o explicou o director do documental, Pemón Bouzas, quen destacou o traballo de todo o equipo, asà como que “este traballo é o producto das inquedanzas tanto da Dirección Xeral para o Deporte coma da TVG sobre a defensa e protección do patrimonio marÃtimo e fluvial galego”.
Este traballo recolle os VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais, que se desenvolveron en Ferrol, pero tamén fan un percorrido por distintas asociacións, mariñeiros, historiadores, para coñecer a toda a xente que leva anos traballando para conseguir que o patrimonio marÃtimo e fluvial galego sexa posto en valor. No acto de presentación estiveron presentes a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, o director de programas da TVG, Eduardo Galán, o presidente da Federación Galega pola Cultura MarÃtima e Fluvial, Fernando Piñeiro, e o director do documental, Pemón Bouzas.
Pola súa parte, a directora xeral para o Deporte felicitou a TVG e aos responsables do documental polo bo traballo realizado e recordou o convenio de colaboración asinado coa Federación pola Cultura MarÃtimo e Fluvial, a través do proxecto Nabeira, que terá o seu momento de gloria coa presenza de Galiza como invitada de honra na Feira MarÃtima Internacional de Brest (xullo 2008). “Galiza estará representada alà coa nosa cultura, a nosa música, a nosa gastronomÃa, as nosas embarcacións tradicionais... É un xeito de proxección internacional da cultura marÃtimo e fluvial galega”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.