
O helicóptero Pesca 2 do Servizo de Gardadostas de Galicia da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos evacuou a un tripulante dun portacontenedores francés de 300 metros de eslora, CMA CGM BIZET, que se atopaba a 100 millas ao norte de Estaca de Bares. A tripulación do Pesca 2, con base en Celeiro, mobilizouse de forma inmediata ás 09.55 horas despois de ser alertada, pola Centro Zonal de Salvamento Marítimo de Finisterre, da situación do mariñeiro.
O tripulante, de nacionalidade rumana e de 51 anos de idade, presentaba a rotura de dous dedos da súa man esquerda. Os membros da tripulación do Pesca 2 chegaron á zona do buque ás 11.15 horas. Despois de avaliar o estado do ferido, os axentes do Servizo de Gardacostas inmobilizaron ao home e izárono ata o helicóptero procedendo ao seu traslado ata o Hospital Costa Norte de Burela, a onde chegaron ás 12.23 horas.
O Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos levou a cabo a operación de evacuación con éxito e celeridade gracias a que as condicións meteorolóxicas que reinaban na zona eran boas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.