Notas de prensa

Profesionais do sector cultural procuran incrementar a calidade da oferta galega

Para elo debaten o deseño dun plan integral de formación no marco do Foro Profesional da Acción Cultural que se celebra en Compostela.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo, reúnese con máis dun cento de persoas especializadas en xestión cultural para deseñar un plan integral de formación dos profesionais do sector. A Consellaría pretende consensuar coas propias persoas interesadas un proxecto que cubra as necesidades de formación e permita incrementar a calidade da oferta cultural no noso país. O obxectivo é darlle solución á carencia dunha oferta formativa estruturada e adaptada ás necesidades de Galiza. Con este plan preténdese garantir a actualización e formación continua das capacidades do persoal técnico en xestión cultural.

O Foro Profesional da Acción Cultural que ten lugar o sábado 20 de outubro no Auditorio de Galicia é o último chanzo nun traballo de investigación e diálogo para mellorar as capacidades dos técnicos e das técnicas culturais de Galiza. As persoas asistentes ao Foro traballarán sobre os datos do informe As necesidades e demandas formativas dos profesionais da acción cultural pública en Galicia, encargado pola Consellaría de Cultura. Trátase dun completo estudo realizado por investigadores das tres universidades que ofrece unha análise polo miúdo da realidade das persoas que traballan na xestión cultural e de cales son as súas necesidades para poder mellorar os servizos culturais.

à xuntanza está previsto que asistan máis dun cento de profesionais provintes tanto de concellos e das administracións públicas como de entidades e fundacións privadas. Será un foro no que está representado todo o sector da xestión cultural do noso país. Ademais da conselleira, intervirá o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará e os membros do equipo investigador. De seguido, terá lugar o debate sobre o informe e sobre as propostas de formación que se porán en marcha para o ano 2008.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2007-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES