Notas de prensa

Máis de 200 fotos optan ao premio da campaña E logo!

Un xurado composto por especialistas do ámbito audiovisual, da literatura e da lingua elixirá a imaxe gañadora, cuxo autor recibirá unha cámara dixital.

Un total de 228 fotografías concorren ao concurso Enfoca o galego, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro da campaña de promoción do uso da lingua En galego, tes todo por dicir. E logo!

O certame organizouse para darlles a oportunidade a todas as persoas interesadas de expresar, cunha imaxe, a simboloxía da lingua galega. O pasado 30 de setembro rematou o prazo de recepción de fotografías, e agora procederase á designación dun xurado que ha de elixir o traballo gañador. Especialistas do ámbito da fotografía, da lingua e da literatura formarán parte do xurado, que vai estar presidido pola secretaria xeral de Política Lingüística ou a persoa na que esta delegue.

Durante os aproximadamente oito meses que permaneceu aberto o concurso, as fotografías remitidas fóronse colgando na páxina web da campaña (http://www.galegoelogo.com), coa posibilidade para todos os interesados de votar a mellor imaxe. Agora, unha vez pechado o concurso, entre as máis votadas vaise realizar unha selección, da que sairá a foto gañadora.

Paisaxes, retratos, fotocomposicións e creacións realizadas a propósito para expresar a percepción do autor sobre a lingua galega integran o groso das candidaturas, moitas delas acompañadas dun texto explicativo ou mesmo poético relacionado co tema do certame.

O autor ou autora da imaxe gañadora recibirá como premio unha cámara de fotos dixital. Será a finais de novembro, no transcurso dun acto no que se van expoñer as mellores imaxes e durante o cal se fará público o ditame do xurado.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, 2007-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES