O departamento de Servizos Sociais do concello de Teo comeza a traballar coa Fundación Amigos de Galicia na atención ás persoas desfavorecidas. A primeira iniciativa conxunta é o reparto de alimentos a un grupo de 19 unidades familiares con un total de 52 membros.
A ONG reparte, a través dos servizos sociais locais, paquetes de alimentos non perecedeiros coma arroz, leite en pó, conservas
Este reparto en principio realizarase cada mes. Dende o concello facilítase a Amigos de Galicia un listado coas persoas beneficiarias das axudas especificando idade, sexo e número de persoas por unidade familiar para que os envíos sexan realizados acorde ás necesidades das familias.
Andrés Fernández, concelleiro de Benestar e Igualdade mantivo unha reunión nas últimas semanas co presidente da Fundación Amigos de Galicia para iniciar vías de colaboración e co que se asinará un convenio. A axuda humanitaria da ONG non se limita a comida e tamén realiza reparto de roupa, que no caso das persoas menores de vinte anos é a estrenar, produtos de hixiene persoal, cadeiras de rodas, etc
O departamento de Servizos Sociais é o que solicitará de xeito puntual e non periódicamente estas axudas para casos de familias moi desfavorecidas.
A Fundación Amigos de Galicia nace hai vinte anos e entre os seus obxectivos destaca axudar ós emigrantes e ós colectivos máis desfavorecidos do país, nenos, mozos, mulleres maltratadas
Roupeiro municipal
Por outra banda o Roupeiro Municipal que existe no concello deixará de recoller roupa. Segundo explica Andrés Fernández neste momento temos grandes dificultades para almacenar a roupa que xa nos entregaron e buscarlle unha saída. Polo tanto ata novo aviso o Roupeiro non funcionará para recibir pero as persoas interesadas en recoller roupa poden facelo os xoves, no edificio do Xulgado na Ramallosa os xoves en horario de 16.00 a 18.00 horas.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.