
O concurso de curtametraxes na rede Curtas na Rede, organizado pola SecretarÃa Xeral de Comunicación e o Consello da Xuventude de Galicia (CXG), puxo punto e final á súa segunda edicióncun grande acto de entrega de premios que tivo lugar no teatro Colón da Coruña.
Entre outras autoridades, á gala acudiron o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado; o alcalde da cidade, Javier Losada; o presidente da Deputación Provincial, Salvador Fernández Moreda; o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias; a presidenta do CXG, MarÃa Dolores RodrÃguez Amoroso; a presidenta da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto; e o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Manuel Fernández Suárez, entre outros.
O acto foi conducido pola presentadora e actriz galega Isabel Blanco. No acto déronse a coñecer os gañadores do certame entre un total de 71 curtametraxes, 78 bitácoras e 25 micromovies enviadas. A contÃa total dos premios ascendeu aos 25.000 euros.
Relación de galardoados
A presidenta do CXG, MarÃa Dolores RodrÃguez Amoroso, entregou os premios da categorÃa de xuventude na cal se presentaran un total de 20 curtas. Nesta categorÃa os premiados foron Emiliano Julián Cossini de Ourense coa curta Superheroe, Juan Pedro Pérez da Estrada con Comentarios á parte e Diego Valiño GarcÃa de Santiago de Compostela con Fuuuu.
A continuación, o alcalde da Coruña, Javier Losada, a presidenta da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto e o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, entregaron os galardóns da categorÃa de inmigración a Manuel Buceta González da Coruña por Cafés de Papel, Ãngel Alonso González de Vigo por Retornados e Carlos Prado PampÃn por Alà e Alá.
O director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Manuel Fernández, entregou os premios da categorÃa de medio ambiente, na cal se presentaran un total de 17 curtas. Os gañadores foron Manuel TarrÃo de Sigüeiro pola obra Apocalipse Nau, Pablo Penedo Naviera da Coruña por Quen estea libre de culpa e Andrés Cameselle Caride de Vigo por Novo clima galego.
Finalmente, déronse os premios da categorÃa de visións nosas / visións alleas, na cal se presentaran un total de 24 curtas. O encargado de facelo foi o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández. Os gañadores desta categorÃa “desastre” na cal podemos atopar curtas de todo tipo foron Martina Pérez Pérez da Coruña coa curta O Crilo, Jordi M. Romero Oya de Barcelona por Bobi e Raúl GarcÃa Pérez da Coruña pola obra En el armario.
Todos estes gañadores obtiveron un talón cun importe de 1500 €. A continuación tivo lugar a entrega de premios da categorÃa de micromovies, obras feitas cun teléfono móbil, as cales supuxeron unha das novidades máis significativas desta segunda edición. O director do CGAI, Guillermo Escrigas, foi o encargado de outorgar o premio á mellor micromovie que recaeu en Como ser loca mancha de Andrea Natalia CasadÃo de Munro (Arxentina).
Tamén as curtametraxes contaron con premio do público. O responsable do servizo de televisión da CompañÃa R. Cable e Telecomunicación de Galicia, Alfonso MartÃnez, entregoulle o galardón a unha curta xa premiada anteriormente na categorÃa de Visións Nosas / Visións Alleas, En el armario de Raúl GarcÃa.
A continuación, o director do Consorcio Audiovisual de Galicia, un dos colaboradores deste certame, deulles os premios á mellor interpretación masculina e feminina que recaeron en Rubén Grande por Superheroe e Maguet por Cafés de Papel.
O programa da TVG, Onda Curta, outro dos colaboradores desta iniciativa, seleccionou, a maiores das curtas gañadores, unhas cantas máis para emitir no buque insignia das curtametraxes na televisión. Afonso Pato, director do programa, seleccionou as seguintes obras: Maitines de Eduardo P. Lavandeiram, Encontros na Terceira Idade de Carlos Prado PampÃn, Rainicidas de Pablo Vidal e Non retornable de Marcos Méndez e Eva Rey.
Finalmente, chegou a quenda de premiar as mellores bitácoras, outra das novidades desta edición que consistÃa nuns blogs de libre expresión nos que verter todas as ideas, anécdotas de rodaxe, etc. Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación foi o encargado de entregar estes premios que pecharon a gala. O premio á mellor bitácora recaeu en Xoan MartÃnez González polo Gran Kahuna de Sr. Rojo. Fernando Salgado entregou outro premio, o premio para todos os participantes que recaeu, tras un sorteo informático, en Laura Alonso Ferreiro.Deste xeito, púxose fin a esta exitosa edición que comezara a súa andaina no pasado mes de febreiro, co obxectivo de abrir a posibilidade de expoñer o seu traballo a todas aquelas persoas que quixesen presentar unha obra inédita, de duración non superior aos cinco minutos no caso das curtas, e aos 30 no das micromovies.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.