
As empresas do téxtil son as que máis concienciadas están entre as de todos os sectores de actividade galegos de que a innovación é un factor de supervivencia. Segundo o conselleiro delegado da Tecnópole e director xeral de I+D, Salustiano Mato, a cantidade de empresarios galegos do téxtil que están seguros de que a súa vantaxe competitiva radica na I+D+i supón o 95% do total.
Mato fixo públicos estes datos, froito dun estudo realizado polo seu departamento, durante a súa intervención no ‘Encontro empresarial do sector téxtil 2007Â’, celebrado na Tecnópole -no concello ourensán de San Cibrao das Viñas-, no marco do programa de actividades da Rede de Transferencia de TecnoloxÃa da Asociación de Parques CientÃficos e Tecnolóxicos Españois (APTE). à xornada asistiron máis de setenta investigadores, empresarios e xestores do sector téxtil de toda España, Portugal e Reino Unido para intercambiar experiencias, compartir proxectos e detectar posibles colaboracións.
O director xeral de I+D, que estivo acompañado polo delegado da ConsellerÃa de Innovación en Ourense, Xosé Antón Jardón, fixo fincapé en que o sector téxtil non só é estratéxico para o Goberno galego, senón que é un dos que máis garantÃas de éxito terá “se abraza a tecnoloxÃa e a investigación, o desenvolvemento e a innovación”. Neste sentido, lembrou que a Xunta está a elaborar un estudo para dinamizar a I+D+i no téxtil desde un punto de vista estratéxico e anunciou que se vai traballar especÃficamente en deseñar metodoloxÃas propias para o sector, respostando desta maneira ás demandas dos propios empresarios.
Fibras intelixentes
Os novos materiais que están a revolucionar o sector téxtil teñen a súa referencia nas fibras intelixentes e nas orgánicas, nas que a Asociación de Investigación da Industria Téxtil (AITEX) está a traballar de maneira pioneira en España. Tal e como explicou o coordinador dos grupos de investigación desta asociación, Vicente Cambra, o futuro está, por un lado, nas fibras intelixentes, coma as aramidas, de alta resistencia ao impacto e con aplicacións na automoción –para os monos dos pilotos e copilotos de carreiras-, e nas biofibras, das que un bo exemplo son as de quitina, elaboradas a partir dos caparazóns de cangrexos e langostas.
O paso seguinte, no que xa se está traballando, é a aplicación da nanotecnoloxÃa aos tecidos, que, segundo Cambra, os dotará dunha maior versatilidade, como ocorre cos que xa se están desenvolvendo para ter aillamento acústico ou servir como rexeneradores de tecido humano en doentes con queimaduras graves.
Casos de éxito
AÃnda que en Galicia non son moitas as empresas que teñen unha estratexia sólida de innovación baseada en recursos propios, existen algúns exemplos que xa son verdadeiros casos de éxito. É o que ocorre coa Sociedad Téxtil Lonia (responsable da produción en España de Carolina Herrera e de Purificación GarcÃa), onde se traballa coa máxima da “importancia de innovar para diferenciarse”, segundo expuxo durante a xornada Ramón Vila, responsable de I+D+i da empresa, que insistiu en que é cada vez máis importante que as empresas do téxtil conten con departamentos de I+D+i propios.
Pola súa banda, Ãngel Diéguez, director xeral de Roberto Verino Difusión –centro de I+D da firma, con sé no Parque Tecnolóxico de Galicia-, explicou que as empresas do sector teñen que enfrontarse a un contexto marcado polo aumento da competencia, mercados máis dinámicos e globais e novas esixencias do consumidor. Segundo a súa visión, esto esixe unha estratexia de innovación flexible, integrada e veloz que combine o avance da tecnoloxÃa e a estratexia de negocio e que afecte a toda a cadea de valor, desde o deseño e a técnica á loxÃstica, o márketing e a venda.
Ferramentas e solucións
No eido das ferramentas, están a implantarse novidades que suporán cambios mesmo nos sistemas actuais de identificación dos produtos. Joan Noms, representante do centro tecnolóxico CETEMMSA no encontro, explicou que están a desenvolver un sistema baseado na tecnoloxÃa de identificación por radiofrecuencia destinado a subistituir os actuais códigos de barras, coa vantaxe de permitir a identificación do produto a distancia. Estes sistemas xa están a ser implantados con éxito en empresas como Pronovias.
Polo que se refire ás TecnoloxÃas da Información e das Comunicacións (TIC), Microsoft está a levar a cabo un plan para dinamizar o mercado, explorando as necesidades de solucións nas empresas galegas a nivel sectorial, como expuxo a directora de Solucións ERP de Microsoft Dynamics, Isabel V. GarcÃa, que anunciou esforzos especÃficos no sector téxtil.
Como proposta local no eido das TIC, presentouse ‘Ilion’, unha ferramenta informática desenvolvida pola empresa galega Iterdata Networks –ubicada na Tecnópole- para a integración global de procesos no sector retail-moda.
Polo que se refire ao financiamento da innovación no sector téxtil, a xefa de Ãrea de PolÃticas Industriais do Ministeiro de Industria, Carolina Vilar, explicou que existen axudas a zonas afectadas por deslocalización do sector textil-confección no marco do Programa de Reindustrialización do Plan de Apoio ao Sector Téxtil e da Confección.
No eido da formación, a directora da Escola de Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza, Lola Dopico, explicou que o centro do que é responsable é a primeira experiencia de introdución do deseño de moda na Universidade galega e que xorde como resposta ás necesidades que se aprecian no sector, identificadas a partir do contacto directo coas empresas. Segundo sinalou, no centro fórmanse profesionais que saen sendo deseñadores, pero con coñecementos de loxÃstica, mercados exteriores, xestión, etc. “que hoxe son imprescindibles para operar con éxito no sector”.
Para tratar de darlle un importante pulo á actividade innovadora das empresas de toda España constituiuse o ano pasado a Plataforma Tecnolóxica Téxtil Española, con base nas directrices da polÃtica de innovación da UE. Segundo expuxo no encontro celebrado na Tecnópole o director de desenvolvemento corporativo do centro tecnolóxico Leitat, Antoni Paz, esta plataforma “pretende acelerar cambios e orientacións cara a I+D+i no ámbito empresarial”.
Foi presentada a programación do Festival Outono LÃrico 2026, unha iniciativa impulsada pola Asociación Amigos da Ópera de Vigo que permitirá gozar na cidade olÃvica da ópera Don Giovanni, de Mozart, e da actuación de grandes voces internacionais actuais. Entre as citas destacadas que programará este festival, cabe salientar a representación, o dÃa 1 de novembro, de Don Giovanni, unha das obras máis influÃntes e complexas da historia da ópera, que se ofrecerá na versión orixinal estreada en Praga, e coa participación da orquestra e coro GAOS. Tamén destaca o recital do 12 de setembro do tenor Jorge de León e o barÃtono Juan Jesús RodrÃguez.
Co recoñecemento de Amescruz, Sociedade Cooperativa Galega como nova Organización de Produtores Pesqueiros, coa denominación de OPP-99, Galicia lidera o número de OPP de ámbito autonómico no conxunto do Estado, unha proba máis de que a nosa comunidade mantén o seu papel de referente no ámbito pesqueiro e acuÃcola. Das 32 entidades existentes en España, dez sitúanse en Galicia, é dicir, case o 33 %. As Organizacións de Produtores Pesqueiros son entidades recoñecidas oficialmente no marco da PolÃtica Pesqueira Común da UE. A súa finalidade é contribuÃr á xestión sostible dos recursos mariños, favorecer unha mellor planificación da produción e reforzar a comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura.