O presente encontro de negocios sobre Tecnoloxías e Procesos na Pesca Extractiva e Acuicultura vén a dar continuidade á colaboración mantida entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o Igape e BIC Galicia durante a celebración de INTERACUI 2006, que se desenvolveu con gran éxito en Vilagarcía no marco da Feira Internacional de Acuicultura de Galicia e que contou coa participación de empresas de diferentes países de América Latina e Europa.
Nesta ocasión, a Consellería de Pesca promove unha nova edición deste encontro empresarial en colaboración cos organismos dependentes da Consellería de Economía e Facenda e no eido da Feira CONXEMAR 2007 que este ano acolle a expositores de 660 empresas de 35 países diferentes.
O principal obxectivo deste evento é o de fomentar as relacións comerciais entre empresas galegas e latinoamericanas relacionadas coa acuicultura, sector de grande importancia en ámbolos dous continentes.
Na actualidade, as empresas de produción europeas, e especialmente as galegas, vixían a calidade dos produtos finais e as condicións de seguridade alimentaria e hixiénico sanitarias, ademáis do posible impacto ambiental das instalacións. Para elo contan con tecnoloxía propia e son punteiras a nivel mundial nas técnicas de produción, control e seguridade da calidade alimentaria das especies coas que traballan.
Este encontro empresarial vai a permitir ás empresas galegas e latinoamericanas presentes hoxe aquí exportar os seus productos e acceder a novos mercados incorporando valor engadido mediante a sua transformación, e garantizando a calidade e hixiene para facerse más competitivos no mercado.
Dende a Consellería de Pesca damos a benvida ás empresas hondureñas e colombianas que participarán nas rondas de negocios que terán lugar no noso stand institucional e desexamos que aproveiten a sua presencia na Feira CONXEMAR.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.