Notas de prensa

Pepe Domingo Castaño, entre os galardonados co III Premios Galicia de Xornalismo Deportivo

Outros premios recaeron na sección de Deportes de La Voz, o fotógrafo Ãngel Llanos, o programa Galicia Ras, Cadena Dial, Xogospopulares.com e Loreto Costa.

Acta do xurado dos III Premios Galicia de Xornalismo Deportivo

Reunido en Santiago de Compostela, as 16:30 horas do xoves día 27 de setembro de 2007, na sede social da FGPD, o Xurado dos III Premios Galicia de Xornalismo Deportivo, integrado por:

D. Eduardo Blanco Pereira
Profesor do INEF (UDC). Membro de Arbitráxe do Comité Olímpico Español. Máster en Dereito Deportivo.
D. Miguel Juane Sánchez
Avogado. Máster en Dereito Deportivo. Membro de Arbitráxe do Comité Olímpico Español. Ex Xogador Internacional de Baloncesto.
D. Xesus Lodeiro Cisneros
Xornalista Deportivo. Creador e Director do programa radiofónico “Galicia en Goles” da Radio Galega . (Premio Galicia de Xornalismo Deportivo na sua primeira edición)
D. Manuel de Barros Tuñas
Técnico Superior en Aplicacions Informáticas.

Presidido por
D. Juan Guillin Varela. Xornalista Deportivo e Presidente da F.G.P.D.

E actuando como Secretário
D. Ricardo Docobo Durántez. Xornalista Deportivo e Secretario Xeral da F.G.P.D.

ACORDARON: por unanimidade outorgar os “III Premios Galicia de Xornalísmo Deportivo” aos seguintes candidatos:

PREMIO “ENRIQUE MARIÑAS”
PEPE DOMINGO CASTAÑO
O xurado tivo en conta a sua destacada contribución ao xornalismo deportivo nacional é internacional.

PRENSA ESCRITA
SECCION DE DEPORTES LA VOZ DE GALICIA
O xurado tivo en conta a sua capacidade técnica e humana para informar ao noso país do seu deporte, ao longo dos 125 anos da sua existencia.

FOTOGRAFIA
ANGEL LLANOS GONZALEZ
O xurado tivo en conta a sua capacidade para que os seus 92 anos manteña a ilusión pola fotografia… deportiva

AUDIOVISUAL
PROGRAMA DA TELEVISION DE GALICIA “GALICIA RAS”
O xurado tivo en conta o excelente traballo técnico é de realización nun programa con clara vocación informativa sobre o mundo do motor galego.

RADIO
CADENA DIAL. RETRANSMISIÓN RALLI DE FERROL
O xurado tivo en conta a capacidade técnica é humana para informar é emocionar aos seus ointes coa retransmisión do Ralli de Ferrol.

INTERNET
A PÃXINA WEB “XOGOS POPULARES.COM”
O xurado tivo en conta a calidade da producción é capacidade para recuperar e manter as tradicións dos xogos populares en Galicia.

IGUALDADE
LORETO COSTA DEL RIO
O xurado tivo en conta a sua traxectória, profesionalidade e capacidade para situarse a vangarda da profesión xornalística deportiva en Galicia.

PREMIOS Ã TRAXECTORIA PROFESIONAL

LUIS MARTÃNEZ SALGADO ”Marsal” Pontevedra
JOSE Mª. GUIMARAENS GARCIA-RAMOS A Coruña
MANUEL CORDIDO CASTRO Lugo
MANUEL LOSADA ZON Ourense
O xurado tivo en conta a sua destacada traxectoria no xornalismo deportivo galego.

ANEXO: Estudiadas as candidaturas presentadas, o xurado dos Premios Galicia de Xornalismo Deportivo quere transmitir á organización, a necesidade para a vindeira convocatoria dun novo premio à INTEGRACIÓN, dirixido aos xornalistas deportivos da nosa comunidade , que demostren a súa superación persoal para o desenvolvemento da nosa profesión.




Juan Guillin Varela (presidente da Federación Galega da Prensa Deportiva), 2007-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES