Notas de prensa

O 86% dos escolares do programa Audiovisual nas Aulas teñen ordenador na casa

As enquisas achegan interesantes datos sobre o consumo da televisión e o uso das novas tecnoloxías entre os escolares galegos. O 90% dos estudiantes utiliza o messenger e o 85% dispón de móbil.

Na cuarta edición de Audiovisual nas Aulas (curso 2006-2007), promovida polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, realizáronse 1.391 enquisas entre alumnos participantes nas catro fases do programa, Iniciación ao Audiovisual, Iniciación á Animación, Iniciación á Televisión e Iniciación ás Novas Tecnoloxías, o que representa un 44% sobre o total de alumnos. As enquisas achegaron que o 86,4% dos alumnos participantes no programa dispoñen de ordenador persoal no seu fogar. Ademais, o 75,3% dos alumnos afirman dispor de MP3 ou MP4. Estes datos reflicten ás claras a incorporación das novas tecnoloxías entre os alumnos, así como a súa presenza nos fogares galegos.

Outra das conclusións aportadas pola enquisa achega o uso xeralizado do messenger, o 90,8% dos enquisados recoñecen utilizalo habitualmente. En canto a descargas de arquivos da Rede, o 52,1% afirman preferir música e películas. No relativo ao teléfono móbil, o 85,9% afirman telo e a modalidade de maior uso é o intercambio de SMS.

Aproveitando a ocasión, Audiovisual nas Aulas quixo contrastar o uso das novas tecnoloxías coa lectura convencional ao longo do curso 2006/2007, e os resultados invitan á reflexión. Dos alumnos enquisados, 147 recoñeceron non ter lido ningún libro. Entre os restantes leron un total de 6.880 libros entre os de lectura obrigatoria e lectura voluntaria, dándose os casos singulares dun alumno que afirmou ter lido 110, outro 60 e outro 29. Os máis lidos foron os da serie Harry Potter, Eragon e Las crónicas de Narnia.

Finalmente, o 74,8% responderon positivamente á pregunta de se escollerían como futuro profesional as novas tecnoloxías. Outra pregunta feita aos escolares foi ¿Que lle gustaría que dese a televisión e non dá?, as respostas foron as seguintes: o 13% quere ver máis longametraxes, o 11% quere máis música, o 10% di que dá todo o que queren, o 8,2% gustaríalle poder ver máis series, o 6% quere ver máis debuxos, o 2,5% querería que botasen máis programas de información sobre sexo e drogas, o 1,5% máis concursos, e a maioría di que lle gustaría que emitiran Shin Chan sempre en galego, pois en castelán non lles ten graza, o 1,5% máis telenovelas e o 2,5% bota en falta máis documentais.

Para a pregunta se os seus pais lles din o que teñen que ver, o resultado fala por si solo, só a 98 alumnos dos 1.391 dinlles ou aconséllanlles o que poden ver na pequena pantalla.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES