Notas de prensa

Teo homenaxea ao ciclista Ezequiel Mosquera, quinto na Volta Ciclista a España

O alcalde entregoulle ó ciclista o libro 120 anos de ciclismo galego, co convencemento de que o seu nome apareza en próximas revisións da obra.

A corporación do concello de Teo felicitou ao ciclista Ezequiel Mosquera polos seus éxitos deportivos, e especialmente pola magnífica quinta posición obtida na clasificación xeral da Volta Ciclista a España nunha recepción oficial. Durante o acto, celebrado no Salón de Plenos do Concello o deportista saudou a todos os membros da corporación e asinou no libro de honra de Concello.

O alcalde Martiño Noriega, fíxolle entrega a Ezequiel dun libro chamado 120 anos de ciclismo galego “co convencemento de que o nome de Mosquera apareza en próximas revisións da obra”. O primeiro edil explicou “como durante a Volta nos emocionamos, nos ilusionamos, vibramos e sufrimos con Ezequiel”. O libro, de Xerardo González, está asinado polos portavoces de todos os grupos municipais.

O deportista, acompañado da súa familia e algúns amigos, agradeceu este recoñecemento por parte do seu concello. Ademáis recoñeceu sentirse “desbordado por todas as actividades posteriores ao remate da Volta”. Asimismo asegurou que o máis agradable “é o recoñecemento da xente de aquí, do teu concello”. Mosquera fixo entrega ó alcalde dun maillot do equipo Karpin Galicia asinado por él.

Ezequiel Mosquera naceu en Cacheiras o 19 de novembro de 1975. Comezou no ciclismo como profesional “tarde” segundo él mesmo recoñece. Debutou como profesional no equipo portugués Paredes Moveis no 1999. Desenvolveu parte da súa carreira como profesional en equipos portugueses, Paredes Moveis, Cantanhede e Boavista, ata que en 2005 se integra no Kaiku. No ano 2006 pasa a formar parte do equipo Comunidad Valenciana. Pero sen dúbida é no Karpin Galicia, este ano, onde colleita os seus maiores éxitos como ciclista profesional.

Do seu palmarés destaca o quinto posto na recente Volta Ciclista a España, gañar unha etapa da Volta á Rioja no 2005, facerse coa Clasica de Primavera de Portugal en 2002, e acadar o primeiro posto nunha etapa da Vuelta a Tierras de Santa María no 1999.

NotaA pesar da intensidade destes días, Ezequiel Mosquera, continúa enriba da bici. Este mediodía falábamos con él e comentaba que estaba “paseando na bici”. A partires de decembro voltará a adestrar “de cara a próxima tempada” explicaba. Entro outras anécdotas que nos contou destacaba que “o 2 de setembro foi a primeira vez que pasei por diante da miña casa como profesional”. O pasado 2 de setembro na segunda etapa da Volta ciclista a España, que trascurreu entre Allariz e tivo meta en Santiago, os corredores e o propio Ezequiel pasaron por diante da casa do ciclista en Cacheiras. E “seguramente este feito non volva a acontecer, non hai mais que pensar o tempo que facía que a Volta non pasaba por Galicia” explicaba Ezequiel. Tamén recordou con emoción “o que me tiñan preparado ese día 2 de setembro os amigos e a familia”.

Cruz Devesa (Departamento de Comunicación do Concello de Teo), 2007-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES