Notas de prensa

Economía impulsa as novas tecnoloxías nos servizos telemáticos

A aposta por unha maior transparencia e axilidade nas relacións cos cidadáns valeulle o galardón ComputerWorld 2007 ao Proxecto Tecnolóxico do Ano no Sector Público.

A Consellería de Economía e Facenda ten realizado unha forte aposta pola Administración electrónica que, no ámbito tributario, tense traducido na utilización intensiva das novas tecnoloxías na prestación de servizos telemáticos aos cidadáns. Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, a membros do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia cos que mantivo un encontro no que salientou o obxectivo de seguir a impulsar os servizos que redunden en melloras de eficacia, transparencia e axilidade na xestión. Á reunión asistiron a directora xeral de Tributos, Regina Losada; o presidente do colexio, Andrés García Yáñez, o delegado en A Coruña, Luis Rivera Caramés, o delegado en Lugo, Eduardo Núñez-Torrón, o delegado de Ourense, Alfredo Pérez Vázquez, o delegado de Pontevedra, José Ramón Carril Pan, e o delegado de Vigo, José Fumega L´Hotellerie de Falois.

A posta en valor das novas tecnoloxías e a súa aplicación e achegamento aos cidadáns, é unha das liñas prioritarias desenvolvidas pola consellería nos últimos dous anos nos que desenvolveu un plan de modernización e mellora de servizos orientado a facilitar os procesos de acceso á información e os trámites de carácter administrativo. As melloras introducidas na Administración electrónica permiten un maior achegamento aos cidadáns que poden realizar os seus trámites administrativos dun xeito máis áxil e cómodo utilizando as novas tecnoloxías das que dispón o servizo en liña da Xunta de Galicia. Evítanse así as esperas propias das actuacións presenciais e economízanse os desprazamentos ás delegacións. Entre os servizos que a Oficina Virtual da Consellería de Economía e Facenda pon a disposición de todos os cidadáns e dos empregados públicos pódense destacar:

- Confección de declaracións tributarias mediante sistemas de axuda para cada un dos impostos; e presentación telemática das mesmas.
- Valoración de bens
- Pago telemático en tempo real conectando coas entidades financeiras colaboradoras
- Consulta do estado da tramitación e presentación de recursos.
- Impresión de duplicados de documentos tributarios
- Obtención de certificados que avalen a realización dos correspondentes pagos á Comunidade Autónoma
- Consulta e modificación dos datos para levar a cabo as diferentes xestións económicas coa Comunidade galega.
- Servizos telemáticos para empregados públicos

As iniciativas e desenvolvemento da Oficina Virtual Tributaria e da Administración electrónica levase ao través do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico – Financeira e Contable (CIXTEC), ente de dereito público adscrito á Consellería de Economía e Facenda, que ten entre as súas funcións as de xestión, planificación, supervisión, asesoramento e coordinación dos distintos procesos informáticos de natureza tributaria, contable, orzamentaria e económico – financeira. Recentemente, a consellería de Economía e Facenda ao través do CIXTEC ven de recibir un galardón que recoñece a súa aposta pola aplicación das novas tecnoloxías de información e comunicación á prestación de servizos aos cidadáns. En concreto, recibiu o premio ComputerWorld 2007 ao ‘Proxecto Teconolóxico do Ano no Sector Público’. O galardón destaca a aposta que está a facer a Consellería pola Sociedade da Información e do Coñecemento, en especial polo recoñecemento do valor das novas tecnoloxías, a súa aplicación e o seu achegamento a todos os cidadáns.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2007-09-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES