Notas de prensa

Supersandwich, gañador do concurso Nsaio no Camiño

O grupo boirés promocionará un disco a través do premio valorado en 30.000 euros. O certamen musical rematou cun macroconcerto en Lugo.

Lugo acolleu a final do concurso musical organizado pola dirección xeral de Xuventude da Vicepresidencia, Nsaio no Camiño que encheu as instalacións do Palacio de Feiras e Exposicións con máis de 4.000 persoas. O conxunto orixinario de Boiro Supersandwich fíxose co premio final: unha carreira discográfica, que inclúe grabación e promoción dun disco, un premio valorado en 30.000 euros.

Supersandwich é unha formación composta por once músicos que tocan instrumentos coma o trombóns, trompetas ou saxos. O seu estilo baséase na mestizaxe de sons como a rumba, o ska e o rock sobre unha base de funky. O grupo ensaia durante as fins de semana no local de ensaio que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Boiro, e durante semana acuden ao local de Santiago.

Na final de onte participaron seis grupos, que foron os gañadores dos concursos previos que se celebraron nas modalidades de rock, pop, mestizaxe, novas tendencias, folk e hip-hop e que son, por esta orde, Pito de Pikasso, Capitán Furilo, Supersandwich, Colectivo Oruga, Coanhadeira e Solemne. No escenario estiveron acompañados polo grupo Los Suaves.

Esta experiencia pioneira tivo unha boa acollida tanto por parte do público como polos artistas participantes que amosaron o seu entusiasmo por actuar canda importantes grupos consagrados. Así mesmo, o xurado, composto tanto por membros da administración pública como por profesionais da industria musical, coincidiron en salientar a calidade musical e creativa dos participantes. Por iso, dende a Dirección Xeral de Xuventude xa se anunciou a intención de editar un disco recopilatorio coas cancións dos 6 grupos finalistas. Ademais, xa se empeza a traballar na segunda edición de Nsaio no Camiño para o ano vindeiro.

Éxito de participación

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, destacou o gran éxito de participación de grupos nesta primeira edición do concurso Nsaio no Camiño, así como a elevada afluencia de público, que asistiu ás seis citas que tiveron lugar durante o mes de xullo en distintas vilas galegas, e que, contando o concerto final de onte en Lugo, ascenderon a preto de 15.000 persoas.

Cela enmarcou este concurso musical dentro dun dos grandes proxectos que está a por en marcha a dirección xeral de Xuventude, que á Rede Galega de Locais de Ensaio. Esta rede, que contará a finais do ano 2008 con 30 locais, pretende facilitarlle á mocidade as canles axeitadas para manifestar as súas inquedanzas artísticas. Outro obxectivo da Rede Galega de Locais de Ensaio é o de servir de plataforma para a difusión da produción artística da mocidade galega, contribuíndo, ademais, á posible profesionalización dalgúns dos mozos e mozas usuarios dos locais.

Fases previas

O certame, que pretende ser un referente musical a nivel estatal, desenvolveuse a través de seis concertos nos que participaron os quince concursantes finalistas. As actuacións tiveron lugar en varias vilas galegas polas que discorren os distintos Camiños de Santiago: Mondoñedo, Fisterra, Verín, O Grove e Melide. Ademais dos concursantes, estes concertos tiveron como protagonistas a varios grupos consagrados dentro do panorama musical español, como Def con Dos, Deluxe, Macaco, Telephunken ou Berrogüeto.

O concurso, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude grazas á colaboración da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, arrincou xa con grandes expectativas dado o elevado número de maquetas presentadas, arredor dun cento, e a participación de público non foi menos enchendo o aforo en cada un dos concertos realizados.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, 2007-09-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES