
Asà nacen as baleas, a primeira novela breve de Anxos Sumai, foi a obra seleccionada na Coruña para levar o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, dotado con 6.000 euros.
O xurado estivo composto por Xosé Luis Axeitos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabuñal, Anxo TarrÃo e Carlos Lema.
Segundo a autora, a novela trata un drama familiar que naceu dunha única imaxe a partir da que foi crecendo unha historia.
Anxos Sumai (Catoira, 1962) é documentalista, tradutora e escritora. Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal: culturagalega.org, onde tivo as seccións "Anxos e diaños", con Roberto Ribao, e "Anxos da garda". Colaborou na segunda etapa da revista GuÃa dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004). Entre os traballos de tradución destacan os Diarios de Syra Alonso. Como narradora publicou Anxos da garda (2003) e MelodÃa de dÃas usados (2005), en Editorial Galaxia. Obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985 e o segundo Premio no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, en 1986. En 2004 foi Premio da CrÃtica Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión "Somos perigosamente normais", emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.