Notas de prensa

A construción, o comercio polo miúdo, a hostelería e actividades empresariais, sanitarias e recreativas xeraron máis do 60% dos contratos en 2006

Estas seis ocupacións suman un total de 513.630 contratos asinados no pasado ano. O 82,54% do número total de contratos rexistrouse nas provincias da Coruña e Pontevedra. Do total de contratos, 427.168 foron firmados por homes e 374.821 por mulleres.

A construción, o comercio polo miúdo, a hostalaría e as actividades empresariais, recreativas e sanitarias xeraron o 64,04% dos contratos rexistrados en Galicia no pasado ano. Así se extrae do Rexistro de contratos laborais do ano 2006 elaborado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo.

O número de contratos totais que xeraron estas seis ocupacións ascende a un total de 513.630. Destes 195.935 pertencen ao grupo que aglutinan outras actividades empresariais, na construción rexistráronse 97.932, na hostalaría 73.919 e no comercio polo miúdo e na reparación de efectos persoais e utensilios domésticos 52.110. Así mesmo, as actividades sanitarias e veterinarias e servizos sociais rexistraron 50.348 contratos de traballo, mentres que as actividades recreativas, culturais e deportivas xeraron un total de 43.386.

No informe indícase que a provincia na que se formalizou un maior número de relacións laborais foi A Coruña, con 341.269, seguida de Pontevedra, con 319.871; Lugo, con 80.312; e por último, Ourense, con 60.537.

Ao longo do pasado ano, a Comunidade Autónoma galega contabilizou un total de 801.989 contratos laborais. Cómpre destacar que o 82,54% do total dos contratos foron asinados nas provincias da Coruña e Pontevedra. Así, na provincia coruñesa rexistrouse o 42,55%, mentres que o 10,01% foron firmados en Lugo, o 7,55% en Ourense e o 39,89% en Pontevedra.

Atendendo á distribución de contratos segundo o sexo, no pasado ano 427.168 (53,26%) foron asinados por homes e 374.821 (46,74%) por mulleres. Cómpre destacar que na provincia da Coruña é na que se rexistra o maior número de contratos, tanto no caso dos homes (179.169) como no caso das mulleres (162.100).

En canto aos contratos segundo o nivel de estudos, 30.067 foron asinados por persoas sen estudos e 32.924 foron firmados por persoas con ensinanza primaria incompleta. Por outra banda, 538.029 contratos corresponden a persoas con formación secundaria de educación xeral e 54.881 a persoas con estudos secundarios de programas de formación profesional.

Por último, polo que respecta aos contratos asinados por persoas con formación postsecundaria, 61.235 foron rubricados por persoas con estudos técnico-profesionais superiores, 42.158 por persoas con ensinanzas de primeiro ciclo e 42.695 con estudos de segundo e terceiro ciclo.

Contratos segundo a tipoloxía

No estudo elaborado pola Consellería de Traballo tamén se dan a coñecer os datos de contratos rexistrados segundo a súa tipoloxía. Así, no caso dos indefinidos, Galicia rexistrou un total de 36.451, dos que 15.213 se asinaron na Coruña, en Pontevedra 13.441, en Lugo 4.374 e, por último, en Ourense 3.423.

Pola contra, respecto aos contratos temporais, firmáronse 709.505 en toda Galicia. Un total de 308.888 foron rubricados na Coruña, 56.118 en Lugo, 53.348 en Ourense e en Pontevedra 291.151.

En relación aos contratos formativos, a Comunidade galega rexistrou un total de 20.200 contratos. Por provincias, os contratos asinados foron 8.401 na Coruña, 2.321 en Lugo, 2.240 en Ourense e 7.328 en Pontevedra.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2007-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES