Notas de prensa

Innovación e Industria aproba 3'2 millóns de euros de axudas a empresas para impulsar as novas tecnoloxías

As 237 firmas seleccionadas investirán máis de 10 millóns no sector da sociedade da información.

Máis de duascentas empresas galegas recibirán 3,2 millóns de euros a través das axudas lanzadas este ano pola Consellería de Innovación e Industria para aumentar a importancia das novas tecnoloxías na economía do país.

En total, son 237 as compañías seleccionadas que figuran nunha listaxe publicada na web da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información e no portal do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (www.sociedadedainformacion.eu).

Isto significa que, grazas a esta iniciativa, estas compañías realizarán investimentos por valor de máis de 10,7 millóns no sector da sociedade da información. E é que as axudas oscilan entre o 30% e o 50% do total do investimento subvencionábel.

Axudas por subsectores

Por ámbitos de actuación, destaca o apoio á implantación de aplicacións informáticas. Un total de 131 firmas recibirán 1,8 millóns de axuda pública por este concepto. A continuación figura a liña de apoio ao desenvolvemento de aplicacións e servizos para o sector tecnolóxico, con máis de 840.000 euros.

Outros 405.000 euros serán destinados ás subvencións á infraestrutura interna das compañías, como, por exemplo, a implantación de redes datos. Finalmente, oito empresas do sector audiovisual galego recibirán 151.000 euros de subvención para a súa renovación tecnolóxica.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES