Notas de prensa

Folga dos brigadistas contra os lumes: peches nas catro delegacións provinciais de Medio Rural

Os traballadores inician o novo calendario de mobilizacións para setembro e reclaman a reapertura da mesa de negociación.

Máis dun cento de delegados do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (FSAP-CCOO) e CSIF protagonizaron á mesma hora un peche nas catro delegacións provinciais da Consellaría do Medio Rural na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Con este acto reivindicativo, os representantes dos traballadores inician o calendario de mobilizacións para setembro do persoal laboral do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais (SDCIF), que contempla seis días de folga.

Con estes actos, os sindicatos queren que a Consellaría do Medio Rural acceda a convocar a mesa de negociación para darlle unha saída negociada ao conflito laboral dos traballadores do SDCIF, e lembran que nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa se pronunciou no mesmo sentido en marzo. CCOO e CSIF defenden unha serie de melloras que equipare este colectivo co resto do persoal laboral da Xunta de Galicia, ao que pertencen «de pleno dereito», sinalan.

Os catro actos provinciais decorreron sen incidentes malia a que na provincia de Ourense os delegados foron desaloxados das instalacións pola Policía Autonómica. Precisamente, os representantes sindicais durante os actos de hoxe corearon diversas consignas e entre elas «menos represión e máis negociación», facendo referencia aos expedientes sancionadores abertos a varios traballadores e ás duas organizacións (CCOO e CSIF) con motivo das manifestacións celebradas en xullo en Santiago, nas que houbo unha importante participación de brigadistas.

Calendario

As seguintes xornadas de folga serán os días 12 (concentración na delegación de Medio Rural na Coruña), 13 (concentración na delegación de Lugo), 25 (Ourense) e 26 (Pontevedra), que terán lugar diante das delegacións provinciais da Consellaría do Medio Rural. O calendario para este mes péchase o día 27 cunha manifestación nacional en Santiago de Compostela.

Xerardo Uz (Oficina de Prensa de CC.OO.), 2007-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES